Aberta a inscrición para participar no Campus Sar de Entroido. Dende 7€/día!

Como noutros períodos vacacionais, o Campus Sar regresa ás instalacións do Multiusos Fontes do Sar no Entroido. Os días 3, 4 e 5 de marzo os rapaces poderán desfrutar dunha completa programación con actividades formativas e de lecer dende
as 8.45 ás 14.30 horas. O período de inscrición para o campamento xa está aberto tanto para abonados aos centros como para non abonados.
O Campus Sar está destinado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. As principais actividades que contempla son o pádel, o tenis e a natación, aínda que tamén hai tempo para o fútbol, o baile, a psicomotricidade, o baloncesto, o teatro, os xogos cooperativos,
xogos tradicionais e moito máis. O prezo oscila entre os 7 e os 12 € / día, en función do número de xornadas e de se o rapaz é ou non abonado das instalacións.
ABONADOS 1 día: 9 € 2 días: 16 € 3 días: 21 € NON ABONADOS 1 día: 12 € 2 días: 22 € 3 días: 30 €

Pin It