Últimos días para anotar ao teu fill@ no Campus Sar de Semana Santa. Dende 7€/día! Aberta tamén a inscrición para verán.

CAMPUSEMANASANTAw

Como noutros períodos vacacionais, o Campus Sar regresa ás instalacións do Multiusos Fontes do Sar esta Semana Santa. Os días 14, 15, 16 e 21 de abril os rapaces poderán desfrutar dunha completa programación con actividades formativas e de lecer dende as 8.45 ás 14.30 horas. O período de inscrición para o campamento está aberto tanto para abonados aos centros como para non abonados.
O Campus Sar está destinado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. As principais actividades que contempla son o pádel, o tenis e a natación, aínda que tamén hai tempo para o fútbol, o baile, a psicomotricidade, o baloncesto, o teatro, os xogos cooperativos, xogos tradicionais e moito máis. O prezo oscila entre os 7 e os 12 € / día, en función do número de xornadas e de se o rapaz é ou non abonado das instalacións.
ABONADOS

  • 1 día: 9 €
  • 2 días: 16 €
  • 3 días: 21 €
  • 4 días: 28 €

NON ABONADOS

  • 1 día: 12 €
  • 2 días: 22 €
  • 3 días: 30 €
  • 4 días: 40 €
Pin It