Xa aberta a inscrición para o Campus Sar deste verán. Dende 35€/semana! E agora, posibilidade de ampliación de 8 a 15h.

campusveranWEB

Este verán os nenos e nenas de Compostela poderán volver desfrutar da programación multidisciplinar do Campus Sar, que terá lugar no Multiusos Fontes do Sar entre o 23 de xuño e o 5 de setembro en quendas semanais. O tenis, o pádel, a natación, o inglés e os obradoiros centrarán a formación e o entretemento dos máis pequenos, aínda que tamén haberá momento para outras actividades como o fútbol sala, o baloncesto, o baile, os xogos cooperativos, etc. O campamento estival está destinado aos rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos de idade. As actividades desenvolveranse nas piscinas, pistas de pádel e tenis de Sar, no hall de entrada, pistas central e polideportiva, e salas de actividades do Multiusos de luns a venres entre as 8:45h e as 14:30h, pero por primeira vez este ano existe a posibilidade de ampliar o horario de 8 a 15 horas para quen o desexe, pagando un sumplemento que vai dende os 5€/semana.

Día tipo no Campus
8:45-9:15. Recepción dos rapaces no hall de entrada do Multiusos. 9:15-11:15. Inglés, actividades deportivas, xogos, obradoiros. 11:30-13:00. Natación e merenda. 13:00-14:00. Pádel e tenis. 14:00-14:30. Recollida na pista de tenis. En pádel, tenis e natación faranse grupos de traballo en función dos niveis, con clases de iniciación e perfeccionamento en cada disciplina. As clases de inglés seguirán unha metodoloxía adaptada ás idades e o nivel dos rapaces. O campus contará coa presenza de profesionais con formación específica en cada área, entre os que se contan licenciados en educación física, monitores de tempo libre, instructores de pádel, de tenis e de natación, e profesor de inglés. Amais de favorecer a conciliación familiar, entre os obxectivos do Campus Sar están que os nenos poidan coñecer e practicar diversos deportes; mellorar en determinadas disciplinas, coma o tenis, a natación, etc; descubrir diferentes formas de divertimento, cooperación e traballo en equipo; e fomentar que os alumnos desfruten e teñan unha experiencia positiva.

Xa está aberto o período de inscrición. Os interesados deberán anotarse de forma presencial na recepción do Multiusos Fontes do Sar, nas Piscinas Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel. Os prezos son os seguintes:

  • 1 semana: abonados 42€ / non abonados 62€
  • 2 semanas: abonados 80€ / non abonados 120€
  • 3 semanas: abonados 114€ / non abonados 174€
  • 4 semanas: abonados 140€ / non abonados 220€

Se desexas máis información podes consultarnos en recepción das instalacións, escribirnos un correo a campussar@multiusos.net ou chamarnos ao teléfono 981 568 160.

Descarga aquí o FOLLETO do Campus Sar do verán 2014

Descarga aquí a FOLLA DE INSCRICIÓN

Pin It