O 17 de setembro abre a inscrición de NON ABONADOS para os CURSOS DE NATACIÓN que empezan en outubro

En outubro comezará no Complexo Deportivo Santa Isabel e na piscina Fontes do Sar unha nova edición de cursiños de natación cuadrimestrais, na que se ofertan arredor de 1.500 prazas para abonados e non abonados ás instalacións. Os abonados dos centros terán un período de inscrición preferente, que empezará o mércores 10 de setembro, mentres que os non abonados deberán agardar ata o 17 de setembro para optar ás prazas restantes.

Un cuPiscina Sar-018rso de catro meses custaralle a un adulto abonado 16,80€ se é dous días á semana, e 8,25€ se é un só día á semana. Os nenos abonados a algunha das dúas instalacións pagarán 11,85€ polo curso que se imparte dous días á semana, e 5,90€ polo que é un día á semana. Pola súa parte, o prezo do curso para os adultos non abonados é de 33,60€, e para os nenos que non están abonados é de 23,95€.

Na oferta de cursos hai clases de natación terapéutica e preparto, clases específicas para as persoas maiores de 60 anos, para
nenos de diferentes rangos de idade (3-7 anos, 7-13 anos, 13-17 anos) e un cursiño master para quenes coñecendo as técnicas da natación buscan mellorar a súa condición física. A inscrición aos cursos realizarase de xeito presencial na recepción das piscinas Fontes do Sar e do C.D. Santa Isabel, ou de xeito on-line a través da web www.multiusos.net e www.santaisabel.net.

Pin It