En maio, aberta a inscrición para actividades de nenos, cursos de natación, TRX, Escola de Espalda e Pilates Mat

_USR8762No mes de maio está aberta a inscrición para anotarse nas actividades para nenos (capoeira, zumba, karate, patinaxe…) que se ofertarán nos meses de xuño e setembro; e tamén se poden dar de alta os interesados nas clases de TRX, Pilates Mat e Escola de Espalda nos meses de xuño, xullo e setembro. Consulta aquí os horarios. 

Ata o día 22 de maio hai un período de inscrición preferente para quenes xa estén anotados nestes cursos e queiran renovar a súa praza, e a partir do 23 abrirá para o resto. Para que se desenvolvan as clases deberá haber un mínimo de 6 persoas en Pilates Mat e TRX e 2 en Escola de Espalda.

Por outra banda, lembramos que tamén permanece aberta a inscrición para cursiños de natación para nenos e adultos no C.D. Santa Isabel e para o Campus Sar deste verán. 

Pin It