Preto de 8.000 fans desfrutaron do directo de MARK KNOPFLER

Mark Knopfler, o que fora líder dos Dire Straits e un dos artistas con máis éxito de todos os tempos, fixo parada no Multiusos Fontes do Sar o 29 de xullo na xira de presentación de “Tracker”, o seu último disco.

O xenio de Glasgow, que repetía escenario logo de que xa visitara Santiago no Xacobeo 2010, logrou congregar case 8.000 seguidores, ávidos de boa música en directo. E estivo á altura das circunstancias, regalando os seus acordes entre unha multitude entregada, e repasando algúns dos seus vellos clásicos que tanto gustan.

Concierto de Mark Knopfler en Santiago de CompostelaO seu noveno disco en solitario, gravado no seu estudio ao oeste de Londres, British Grove, saíu á venda no mes de xaneiro. Nel, amais de cos seus músicos habituais (os mesmos que o acompañarán nesta xira) conta coa colaboración de artistas como Ruth Moody, Bruce Molsky, Nigel Hitchcock ou Phil Cunningham.

Aclamado como un dos mellores guitarristas de todos os tempos, Mark vendeu máis de 120 millóns de discos cos seus traballos en solitario e o seu percorrido con Dire Straits. Gañador de múltiples premios Grammy como cantante/compositor de Dire Straits, Knopfler combina a ironía das súas letras co virtuosismo da súa guitarra para crear éxitos eternos como “Money For Nothing”, “Sultans Of Swing”, “Romeo And Juliet” ou “Walk Of Life”. Produciu discos para Bob Dylan e Randy Newman e participou en bandas sonoras de películas imprescindibles (“Cal”; “Local Hero”; “Princess Brice”; “A Shot at Glory”).

 

Pin It