O 27 de setembro volve MULTIXOGO, o parque infantil de acceso GRATUÍTO para abonados

MULTIXOGO regresará a partir do 27 de setembro data todos os domingos en horario de 16 a 20 horas con actividades para nenos e nenas de ata 15 anos:  inchables, camas elásticas, pista polideportiva, obradoiros, xogos… A entrada é sempre GRATUÍTA PARA OS NENOS que sexan ABONADOS do Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel, e custaralle 10€ aos que non están inscritos en ningún dos dous centros. Tamén existe a posibilidade de celebrar cumpreanos con acceso á zona de xogo, zona reservada e merenda por un prezo de 7€/neno se o que cumpre anos é abonado; e de 10€/neno se non o é.  Os interesados só teñen que escribirnos a multixogo@multiusos.net ou chámanos ao 981 568 160.

Pin It