Partido Obradoiro CAB – Real Madrid Baloncesto

O próximo martes 22 de decembro ás 19:30, o Obradoiro CAB recibe ao Real Madrid Baloncesto no Multiusos Fontes do Sar. Debido á importancia do encontro, e prevendo unha gran afluencia de público, pedimos desculpas pola incomodidade que vos poda ocasionar no acceso ás instalacións. Na medida do posible, recomendámosvos o emprego do transporte público, así como que botedes unha ollada ao horario das actividades, xa que pode haber algunha modificación nas mesmas. Grazas pola vosa comprensión

Pin It