Probaches o CrossCircuit? Clases dirixidas no Multiusos e en Santa Isabel de acceso GRATUÍTO para abonados

_USR0411EN QUE CONSISTE?

É un programa de adestramento funcional deseñado con exercicios cardiovasculares e de forza que se executan nunhas zonas e durante un tempo determinados. A actividade é exclusiva PARA ABONADOS, incluido no abono mensual. É un sistema de entrenamento interválico de alta intensidade moi dinámico composto por 10 estacións. Utilizamos materiais como gomas, cordas, caixóns pliométricos, escaleiras de coordinación, balóns medicinais, stability balls, TRXs, vallas, conos e outros elementos, o que fai que as sesións sexan moi variadas eliminando o factor de rutina e aburrimento en comparación a unha típica rutina de ximnasio.

Con este formato conséguese traballar todos os músculos na mesma sesión e como consecuencia xerar un mellor rendemento físico, maior coordinación, axilidade, mobilizar especialmente os teus depósitos de graxa acumulada e lograr un maior gasto de calorías por sesión que en calquera outra actividade: entre 600 e 700 calorías.

A QUEN VAI DIRIXIDA?

O circuito está deseñado para un máximo de 16 persoas e é adaptable á condición física dos participantes, xa sexan experimentados ou se inicien na actividade física. Empréganse materiais de doado manexo que non precisan de experiencia para sacar o máximo rendemento, realizando un movemento perfecto e sen risco de lesións.

Se se realizan rutinas de musculación no ximnasio e/ou practica un deporte, é un complemento ideal para mellorar o rendemento.

_USR0442BENEFICIOS:

O adestramento en circuito é un método co que se consegue, en menor tempo, mellorar a resistencia cardiorespiratoria, a forza e a potencia, e co que se logran obxectivos físicos, deportivos e estéticos como a elasticidade ou a diminución da graxa corporal, beneficiando a nosa saúde e aportándonos vitalidade e calidade de vida.

OBXECTIVOS:

• Mellorar as cualidades físicas básicas (forza, velocidade, resistencia e flexibilidade) para logo transferilas á práctica deportiva ou á vida cotiá.

• Prever lesións e mellorar a composición corporal (baixar a porcentaxe de graxa e mellorar o tono muscular).

• Preparar o organismo para realizar actividades de alta intensidade.

Pin It