Volve MULTIXOGO con inchables e actividades dirixidas para toda a familia. GRATIS PARA ABONADOS!

DSC_0221O 2 de outubro a partir das 16:30h regresa MULTIXOGO para poder desfrutar en familia dos domingos pola tarde no Multiusos Fontes do Sar. Nesta terceira edición os nenos poderán seguir desfrutando de inchables, camas elásticas, xogos, baloncesto, fútbol sala… e, amais, terán a oportunidade de asistir a clases dirixidas de diversas disciplinas, como Zumba, capoeira ou Bodycombat, nas que tamén poderán participar os pais.

MULTIXOGO abrirá todos os domingos en horario de 16:30 a 20:30 horas con actividades para rapaces ata 15 anos e zonas de xogo separadas por idades. Os nenos que son abonados do Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel accederán de xeito gratuíto, e os que non están inscritos nos centros terán que pagar unha entrada de 10€. Tamén existe a posibilidade de celebrar cumpreanos con acceso á zona de xogo, zona reservada e merenda por un prezo de 7€/neno se o que cumpre anos é abonado; e de 10€/neno se non o é. Os interesados poden escribir un e-mail a multixogo@multiusos.net ou chamar ao 981 568 160.

Pin It