Xornada aberta e gratuíta sobre hipopresivos con Piti Pinsach o martes 18 de outubro

hipopresivosO martes 18 de outubro o Multiusos Fontes do Sar acollerá unha xornada de acceso libre e gratuíto para todos os públicos sobre a técnica hipopresiva que estará impartida por Piti Pinsach, referencia internacional nesta materia e pioneiro en España. Ao longo do día haberá dúas conferencias dunha hora de duración ás 10h e ás 19h, e dúas clases gratuítas ás 11.15h e ás 20.15h, ás que poden acceder todos os interesados.

O Low Pressure Fitness é  unha técnica eficaz que permite reducir a cintura, mellorar a postura e reducir a dor de costas, aumentar o ton do solo pélvico e da faixa abdominal diminuír a incontinencia urinaria, mellorar a vascularización e a resistencia, ou aumentar a forza explosiva e a capacidade anaeróbica ao aumentar o metabolismo, entroutros beneficios.

Pin It