Este sábado, 17 de xuño, abren as piscinas de verán Fontes do Sar

piscinadeveran2017aperturaDespois duns días de acondicionamento as Piscinas Fontes do Sar abren as súas portas este sábado 17 de xuño sen o globo presostático que as cubre durante o inverno para que poidan ser utilizadas na época estival. As instalacións estarán a disposición de todos os usuarios de luns a domingo, incluidos os días festivos, en horario de once da mañá a nove da noite, e poderán ser utilizadas libre e gratuitamente polos abonados/as do Multiusos Fontes do Sar e C.D. Santa Isabel, e polo resto de cidadáns previo pago da súa entrada.

As piscinas de verán Fontes do Sar dispoñen de tres vasos: un vaso “de competición” de 425 m³ de lámina de auga, un vaso de aprendizaxe de 445 m³ de lámina de auga, e un vaso de chapoteo de 120 m³ de lámina de agua que se usa exclusivamente no verán. Contan cunha ampla zona de vestiarios, unha enfermería e unha cafetaría, que só permanece aberta durante a época estival. Todos os usuarios que acudan ás piscinas teñen que levar bañador, gorro de baño e chancletas, e deben cumprir unha serie de normas, tales como ducharse antes de entrar na auga, non usar colchonetas ou non tirarse á auga de cabeza. Amais, os menores de 8 anos deberán estar acompañados dun adulto durante o uso libre do vaso deportivo.

Os abonados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel poderán acceder libremente á instalación co seu carné de abonado. As persoas que non estean inscritas en ningún dos dous centros, deberán pagar a súa correspondente entrada: os rapaces de entre 3 e 6 anos pagarán 2 €; os que teñan entre 7 e 16, aboarán 2,40 € por xornada; os adultos de entre 17 e 60 anos pagarán 3,70 € pola entrada; e a partir dos 60 anos o prezo será de 2€.

Pin It