Maluma visita Santiago de Compostela o vindeiro 15 de setembro

O artista colombiano Maluma, unha das últimas sensacións da música latinoamericana, ofrecerá o seu único concerto en Galicia o venres 15 de setembro, no compostelán Multiusos Fontes do Sar. O cantante de Medellín, que goza de gran notoriedade mediática na actualidade, atópase inmerso nunha xira que o traerá a España os vindeiros meses, onde amais de en Santiago ten previsto actuar en Madrid, Barcelona, Murcia, Bilbao, Málaga, Sevilla, Tenerife e Gran Canaria.

maluma4_A3O recinto abrirá as súas portas para a ocasión ás oito e media da tarde, dúas horas antes do inicio do espectáculo. As entradas xa están á venda en Ataquilla, único punto oficial para adquirilas. Os prezos oscilan, dependendo da ubicación, dende os 32€+gastos do Segundo Anfiteatro, e os 180€+gastos da entrada VIP, que inclúe acceso preferente e exclusivo, parking, catering e barra libre.

Os menores de idade que teñan entre 0 e 15 anos, ambos inclusive, poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente, cumprimentando este formulario, que se entregará nos accesos ao recinto, e acompañados polo seu/s pai/s ou un titor. Os menores de idade de 16 e 17 anos deben adquirir a súa entrada correspondente e poderán acceder ao recinto nas mesmas condicións que os adultos, sen necesidade de ir acompañados, pero tamén terán que cumprimentar e entregar este documento nos accesos ao recinto. 
Pin It