A partir do 1 de setembro, MATRÍCULA GRATIS se te das de alta ONLINE. Só para os primeiros 300 abonos!

CAMPAÑAABONADOS2017A partir do 1 de setembro se te das de alta online en www.multiusos.net regalámosche a matrícula! A promoción é válida tanto para o Multiusos Fontes do Sar como o Complexo Deportivo Santa Isabel e está limitada aos primeiros 300 abonos.

DATE DE ALTA AQUÍ e benefíciate desta promoción.

No Multiusos Fontes do Sar e no C.D. Santa Isabel podes desfrutar de todo o deporte dende 18,80 € ao mes*. Como abonado poderás utilizar a zona de adestramento funcional, a sala de musculación e cardio, xogar ao fútbol sala ou baloncesto na pista polideportiva, ao tenis de mesa, ir a piscina, a sauna e baños de vapor, e acudir ás máis de 300 clases dirixidas que se programan cada semana**: crosscircuit, gliding, autodefensa, light contact, zumba, fitbike, bodystep, estiramentos, capoeira, pump, combat, aquafitness, ioga, abdominais e glúteos, tai-chi, GAP, +60, estilos, elyptic, alto impacto, AFS, ritmo, RPM, bodyjam, tono… E todo isto cantas veces queiras, de xeito ilimitado, dentro do amplo horario de apertura do centro. Amais, tamén tes á túa disposición actividades e servizos complementarios aos que poderás acceder cun prezo especial para abonados, como pádel e tenis, cursos de natación, Pilates Mat ou Reformer, TRX, Escola de Espalda, plataformas vibratorias, centro de estética, centro de fisioterapia….

CAMPAÑAABONADOS20177Xa non tes excusa para poñerte en forma! Date de alta AQUÍ e terás a MATRÍCULA GRATIS e todo o deporte dende 18,80€ / mes!

*18,80€ é o prezo mensual do abono junior e do abono de 3ª idade. Para outros prezos consulta.

**Para ver a oferta de clases dirixidas disponible na túa instalación -Multiusos Fontes do Sar ou C.D. Santa Isabel- deberás consultar os horarios de actividades. Polas características dos recintos pode haber actividades que só se ofrezan nun dos dous centros.

Pin It