Novos cursos de PER e de PNB no Multiusos Fontes do Sar

O 11 de outubro ás 20’15h. terá lugar no Multiusos Fontes do Sar a presentación dos novos cursos de PER (Patrón de Embarcacións de Recreo) e de PNB (Patrón para a Navegación Básica). Ambos terán carácter semipresencial, combinando clases no Multiusos con sesións “on line”.

O 12 de decembro haberá un exame extraordinario na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira.

As prácticas oficiais poderán facerse antes ou despois do exame.

Para a inscrición e información podedes dirixirvos a info@nauticapopular.com.

O curso de PER consta de 8 clases os mércores de 20:15 a 22:15 do 18 de outubro ao 4 de decembro. As súas atribucións son para o manexo de embarcacións de ata 15 metros  ata 12 millas da costa, e o prezo  310 €  ou  280 € para abonados ao Multiusos ou ao Complexo Deportivo Santa Isabel.

O PNB se desenvolverá en 6 clases os mércores de 21.15 a 22.15 do 30 de outubro  ao 4 de decembro. As súas atribucións son para o manexo de embarcacións de ata 8 metros  ata 5 millas, e o prezo 210 € ou 180 € para abonados do Multiusos ou do Complexo Deportivo Santa Isabel.

Pin It