Aberta a inscrición para as actividades dirixidas para nenos!

ActividadesnenosCo inicio do curso escolar empezan de novo as actividades dirixidas destinadas aos nenos abonados: Zumba Kids, Zumba Junior, Pre-karate, Karate, Patinaxe, Capoeira e Kick Boxing. As clases desenolveranse de luns a xoves entre as 17.45h e as 19.15h e nelas poden participar rapaces de 3 e 15 anos. Unha actividade 1 día á semana terá un prezo de 6,10€/mes para abonados. As prazas son limitadas e a inscrición xa está aberta na recepción do Multiusos Fontes do Sar. Os abonados do C.D. Santa Isabel poderán utilizar as instalacións do Multiusos Fontes do Sar durante a celebración das clases nas que estea inscrito o seu neno.

Nas instalacións ofértanse tamén outras actividades para os nenos que son abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou ao C.D. Santa Isabel: o Campus Sar, que se desenvolve en todos os períodos vacacionais; os cursos de pádel, tenis e natación; o Multixogo, que arranca de novo o 1 de outubro e é de acceso gratuito para abonados; a celebración de cumpreanos; ou as actividades de acceso libre, como a piscina de verán e inverno, o baloncesto, o fútbol sala ou o tenis de mesa.

Pin It