Inscrición xa aberta para a carreira SantYaGo10k

O sábado 28 de abril celébrase en Compostela a cuarta edición da carreira nocturna SantYaGo10K. O circuíto de dez quilómetros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, percorrerá as principais rúas do Casco Histórico, coa saída en San Francisco e meta na Praza do Obradoiro.

Por ser abonad@ do Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel poderás darte de alta a un prezo especial de 5 euros. Atoparás toda a información sobre a carreira e as inscricións na web oficial www.santyago10k.es.

Pin It