Bad Bunny en concerto o 24 de xullo no Multiusos Fontes do Sar

-bad-bunnyO cantante portorriqueño Bad Bunny estará o vindeiro 24 de xullo no recinto compostelán Multiusos Fontes do Sar. O artista, considerado un dos latinos máis destacados de trap e reggaeton do momento, realizará unha parada dentro da súa xira “La nueva religión Tour”.

As localidades para asistir á cita, dende 25€, xa están á venda en Ataquilla. Os menores de idade que teñan entre 0 e 16 anos, ambos inclusive, só poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente, cumprimentando o FORMULARIO, que se entregará nos accesos ao recinto, e acompañados polo seu/s pai/s ou un titor.

Os promotores da cita son a produtora JAC Coruña.

 

Pin It