Aberta a inscrición para os cursos quincenais de pádel e tenis de xullo

CURSOSXULLO18Xa está aberto o período de inscrición para os cursiños quincenais de pádel e tenis que se desenvolverán nas pistas de Sar durante o mes de xullo.

PERÍODO DE INSCRICIÓN CURSOS QUINCENAIS DE XULLO:
– Abonados: a partir do 7 de xuño

– Non abonados: dende o 14 de xuño.

– En control de accesos das Piscinas Fontes do Sar.

INSCRICIÓN CURSOS CUADRIMESTRAIS SETEMBRO-DECEMBRO
– Inscrición xa aberta para os abonados inscritos en xuño que queiran manter a mesma praza.

PREZOS MENSUAIS:
– Adultos abonados (a partir de 16 anos):
20€ (1 clase/semana)
26,50€ (2 clases/semana)
– Adultos non abonados:
40€ (1 clase/semana)
53€ (2 clases/semana)
– Nenos abonados:
11,20€ (1 clase/semana)
16€ (2 clases/semana)
– Nenos non abonados:
22,40€ (1 clase/semana)

· É imprescindible estar empadroado no Concello de Santiago para inscribirse nos cursos de non abonados.
· Os cursiños son grupais. Celebraranse se hai un mínimo de 3 inscritos en adultos e cun mínimo de 4 inscritos en nenos.
· Consulta dispoñibilidade de prazas na recepción das piscinas de Sar ou no teléfono 981 568 162.
· Consulta o teu nivel en recepción ou ao teu monitor.

Pin It