Aviso legal

Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos, S.L. (en diante “XADE”) administradora da páxina web www.multiusos.net , pon a disposición de todos os usuarios a información corporativa básica e as correspondentes condicións de uso, tanto de contidos coma de servizo.

1. Identificación

XADE, con C.I.F. B15792864, ten o seu enderezo fiscal na Rúa Diego Bernal s/n, Santiago de Compostela con inscrición no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 2.493, Folio 203, Folla C-27138.

2. Condicións de uso

XADE poderá modificar en calquera momento a información presentada na Web ou ben, de existir, a oferta comercial, sobre todo no que respecta a prezos, promocións ou calquera outro tipo de servizos profesionais.

Os contidos da web de XADE poderán, en ocasións, mostrar información profesional sobre algúns servizos. No caso de que a información facilitada non se correspondese, o cliente terá dereito a rescindir a eventual contratación sen ningún costo pola súa parte. XADE tentará de maneira continua que calquera información contida na Web sexa veraz e que non conteña erros tipográficos, e no caso de así producírense, procederíase á súa inmediata corrección.

As ligazóns, banners ou publicidade en xeral que contén esta Web conducen a sitios alleos a XADE e xestionados por terceiros, polo que non se responde de eses contidos nin do estado de ditos sitios.

3. Protección de datos

3.1.Identificación de finalidades

XADE cumpre estritamente coa lexislación en materia de privacidade, máis concretamente coa “Ley Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Personal” e implantou as medidas de seguridade, técnicas e organizativas, que o Real Decreto 1720/2007 esixe para elo.

Os datos facilitados serán abranguidos nun ficheiro creado e mantido baixo a responsabilidade de XADE, cuxa finalidade será estritamente a de xestionar a relación cos seus clientes e usuarios, o cal poderá realizarse a través desta propia páxina web no apartado reservado para a xestión do usuario, mediante o envío de mensaxes de texto ao teléfono de contacto por el mesmo facilitado ou de maneira presencial nas instalacións deportivas na zona de Administración, disposta a tales efectos. XADE non cederá os datos dos seus clientes (ou potencias clientes) e usuarios a terceiros.

Poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición enviando unha comunicación a XADE ao enderezo enriba sinalado, coa oportuna acreditación da personalidade do titular, así como no enderezo do correo electrónico lopd@multiusos.net. Non destinaremos os datos a outra finalidade que non sexa a de contestar ás cuestións ou dúbidas expostas a través da web ou mantelos informados de maneira puntual sobre servizos, sempre coa autorización previa do usuario.

3.2. Comunicacións

Na páxina web e na área privada do usuario poderá xestionarse en calquera momento o consentimento para a recepción de newsletter e as alertas telefónicas vía sms, as cales serán enviadas ao teléfono facilitado polo usuario no seu proceso de alta, para unha óptima e máis rápida xestión entre o usuario e XADE. En cada comunicación recibida, o usuario poderá acceder e facer uso dun doado e gratuíto procedemento para anular e tramitar a correspondente baixa do servizo.

4. Propiedade Intelectual

Non poderá reproducirse o sitio web (total ou parcialmente), duplicar, copiar nin explotar para calquera fin comercial ou doutro tipo que non estea expresamente permitido por XADE. Porén, queda prohibido o uso da web con fins ilícitos ou que, de calquera maneira podan causar calquera tipo de prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.

A modificación dos materiais ou o uso dos mesmos para outro fin constitúen unha violación dos dereitos de propiedade intelectual.