Actividades Dirixidas

Actividades e servizos incluídos no abono

  • Piscinas (verán e inverno)
  • Sala de musculación e cardiovascular
  • Fútbol sala
  • Baloncesto
  • Tenis de mesa
  • Sauna e baños de vapor
  • Crosscircuit
  • Contact Karate
  • Autodefensa
  • Boxeo

Actividades e servizos complementarios

  • Escola de espalda
  • Plataformas vibratorias
  • Solarium
  • Centro de estética Multiestetic
  • Neodepilación láser
  • Centro de fisioterapia Amerguín
  • Campamento deportivo Campus Sar
  • Parque infantil Multixogo
  • Aluguer de toalla
  • Cafetaría
  • Actividades dirixidas para nenos (Zumba, karate, patinaxe, capoeira, kick boxing)
  • Adestramento persoal con chaleco de electroestimulación.

Para ver a oferta de clases dirixidas disponible na túa instalación -Multiusos Fontes do Sar ou C.D. Santa Isabel- deberás consultar os horarios de actividades. Polas características dos recintos pode haber actividades que só se ofrezan nun dos dous centros. 

 

Definición de Actividades

 

Combina o traballo cardiovascular co de resistencia e potencia. Céntrase na tonificación de pernas e glúteos. A coreografía é doada, con movementos atléticos e potentes.
Antiga danza brasileira que se remonta a varios sé-culos de antigüidade, na que se combinan as artes marciais coa enerxía do entroido carioca.
Sesión de aeróbic de baixo impacto na que se realizan coreografías básicas e cun nivel de intensidade medio-baixo.
Actividade de traballo colectivo sobre unha elíptica específica dirixida por un monitor ao ritmo da música.
Actividade na que se busca acadar unha mellora a nivel cardiovascular, na que o elemento principal de traballo é unha plataforma regulable en altura (step), ao redor da cal se realizan diferentes coreografías ao ritmo da música.
Actividade non coreografiada na que se traballa a forza como cualidade física predominante. Realízase fundamentalmente un traballo de tonificación muscular con soporte musical, empregando diversos tipos de materiais (barras, gomas, mancuernas…).
Sesión de exercicio físico con pesas que se amosa como un dos métodos máis efectivos de adestramento da resistencia muscular. Está baseada en movementos moi simples realizados ao ritmo da música e que non precisan dun alto nivel de coordinación.
Clase dirixida con coreografías de aeróbic e step ao ritmo da música na que se poñen en práctica diversos exercicios a unha intensidade moderada. Favorece a coordinación, a flexibilidade e a relaxación.
Actividade de tonificación muscular na que nos centramos nun traballo máis localizado da musculatura abdominal e do tren inferior (glúteos e pernas).
Realización dun conxunto de exercicios dedicados a fortalecer e a tonificar tres zonas do corpo, glúteos, abdominais e pernas, que moitas veces son as máis afectadas pola vida sedentaria.
Modalidade do Kick Boxing. A súa base é a aprendizaxe e aplicación práctica das técnicas de combate. Trátase dunha sesión moi dinámica, de movemento constante, que nos aporta unha gran resistencia física e que nos axuda a mellorar a condición física.
YouTube Preview Image
Clase apta para todos os públicos, tanto para quenes buscan estar en forma e facer exercicio, como para quenes queiran chegar incluso ata a alta competición. Realízase unha intensa actividade física co uso de elementos que axudan a descargar enerxía negativa: traballo de saco, puching ball, paos…
YouTube Preview Image
Actividade coreografiada na que se combinan bailes con diferentes estilos musicais, Hip Hop, Funky ou Latino.
Programa de adestramento cardiovascular para me-llorar a forza e a resistencia, inspirado en diferentes deportes. Combina movementos aeróbicos atléticos con exercicios de forza e estabilización.
Sesión de acondicionamento físico global de baixa intensidade, especialmente indicado para as persoas máis maiores ou principiantes.
Nesta actividade realízanse diferentes exercicios de estiramentos para traballar fundamentalmente a flexibilidade do corpo.
Método de orixe chinesa que busca o equilibrio interno a través dunha serie de posicións harmónicas combinadas cunha respiración e métodos de vida tranquilos.
Método de orixe hindú baseado nuns sistemas repetitivos máis ou menos complexos. Os beneficios desta actividade radican na tranquilidade transmitida e no acougo interno.
Actividade na que os alumnos van pasando por dife-rentes estacións (TRX, fitness bag, pesas rusas…). O adestramento funcional en circuito mellora a forza, a velocidade, a potencia, a mobilidade, a estabilidade, a coordinación, o equilibrio, a postura e amais axuda a perder peso.
YouTube Preview Image
Esta clase aporta numerosos beneficios aos seus practicantes (axilidade, tonificación, forza, vitalidade…). A Reformer é unha das máquinas máis completas deseñadas por Joseph Pilates. O seu sistema de resortes, agarres, poleas e muelles proporcionan unha resistencia variable, o que fai que sexa unha ferramienta moi accesible para todo tipo de públicos, independentemente da súa condición física.
YouTube Preview Image
Método de acondicionamento físico que emprega principios específicos que promoven un desenvolvemento equilibrado do binomio corpo-mente mediante o traballo da respiración, a forza e a flexibilidade.
YouTube Preview Image
É o sistema de adestramento en suspensión máis famoso do mundo. Ben sexa como complemento ou como alternativa ao traballo de tonificación, TRX axuda a gañar tono muscular dun xeito rápido, efectivo e sobre todo, divertido.
YouTube Preview Image
Programa de exercicios de baile inspirados na música latina, cunha mestura de música internacional creada por produtores de prestixio. O seus pasos contaxiosos crean unha festa de acondicionamento físico moi atractiva para divertirse e poñerse en forma.
YouTube Preview Image
Programa de adestramento cardiovascular inspirado nas Artes Marciales co que liberarás grandes doses de adrenalina e descubrirás a túa forza interior. Realizarás golpes, puñetazos, patadas e katas, queimarás moitas calorías e conseguirás unha mellor resistencia cardiovascular.
Clase aeróbica dirixida sobre unha bicicleta estática mellorada anatómicamente para favorecer o pedaleo e conseguir unhas sensacións máis parecidas ás bicicletas convencionais. Ao ritmo da música realizaremos un traballo de tipo cardiovascular moi intenso e efectivo.
É unha experiencia diferente de ciclismo indoor coas mellores músicas e coreografías. É unha clase de adestramento interválico na que se suda, se queiman calorías e se libera adrenalina.
Programa de adestramento cardiovascular co que desfrutarás bailando. Fusiona os estilos de baile máis actuais cos sons de máis éxito, para que te divirtas e queimes calorías.
É unha fusión entre o aeróbic e pasos de danzas como a salsa, o merengue, o mambo… Diríxese a un público amplo e heteroxéneo, pois conta con coreografías sinxelas de doada execución.
Actividade que consiste en realizar dentro da auga os exercicios propios do aeróbic e do step, facendo así un maior esforzo pola resistencia que esta opón, pero sen sobrecarga muscular.
YouTube Preview Image
Actividade multidisciplinar na que se realizan exercicios específicos enfocados a mellorar o estado da espalda. Trabállase tanto na aula coma na piscina.