COMPETICIÓNS : ARTEAL TENIS DE MESA
O Arteal TM está hoxe en día na elite española do tenis de mesa tanto na categoría masculina coma feminina, e supón o máximo expoñente a nivel galego. Nas súas filas participan xogadores de orixe chinesa, rusa, ucraniana e, por suposto, galega.
Na tempada 2007-2008, aparte dos obxectivos puramente deportivos, desexamos achegar o tenis de mesa ós máis pequenos.
Queremos contaxiar a nosa afición ós rapaces e rapazas para que nun futuro próximo collan o relevo dos xogadores que hoxe en día representan a nosa cidade dentro e fóra da comunidade galega.
Pablo Lois
Presidente do Arteal Tenis de Mesa Santiago















