COMPETICIÓNS : CLUBE TRIATLON BRICOSA - PEDRAS DE SANTIAGO
Hai máis de dez anos comezaba a súa andadura o Clube Triatlón Bricosa-Pedras de Santiago. Naceu como unha alternativa á natación para uns poucos rapaces e rapazas e hoxe en día preséntase como unha estrutura deportiva sólida e competente, tanto no campo da promoción deste deporte e dos seus deportistas coma no eido da organización de probas de triatlón e duatlón (chegando a niveis de Campionato de España).
O Clube leva varias tempadas competindo en Primeira División do triatlón nacional e conta nas súas filas con deportistas que, sendo locais, acadaron promoción internacional e están a reportar numerosas victorias a nivel individual e na clasificación por equipos.
Sen esquecer a importancia dunha boa canteira, dende o Clube tentamos potenciar a Escola de Triatlón coma plataforma deportiva para os máis cativos. De feito, tamén nas categorías inferiores logramos numerosas victorias en diversas probas nacionais.
Desde a Directiva animamos a todos a gozar dun deporte completo e divertido que, de seguro, non deixa indiferente a ninguén.
Jesús Barcala
Presidente do Clube Triatlón Bricosa-Pedras de Santiago
www.triatlonbricosa.com















