COMPETICIÓNS : CLUBE WATERPOLO SANTIAGO
O Clube Waterpolo Santiago é unha agrupación deportiva con tres anos de historia adicada á práctica do waterpolo, un deporte que outorgou moitos títulos a Santiago anos atrás e que volve medrar outra vez con unhas tempadas de renovación dende a base. Boa proba delo é a consecución de títulos coma o campionato galego de xuvenís ou o título de liga da mesma categoría.
O clube estructúrase en grupos de adestramento adaptados en función da idade. Nos últimos anos estamos traballando a canteira como base da pirámide do futuro clube, sempre aberto a rapaces e rapazas dende os 8 anos.
A escola de waterpolo acolle nenos e nenas para ensinarlles a nadar e instruilos na práctica deste solidario e apaixonante deporte de equipo.
O adestramento da escola non está exclusivamente centrado no waterpolo, pois entendemos que os rapaces desta idade precisan desenvolver todo tipo de habilidades, e por iso ofrecemos outras disciplinas coma salvamento, apnea, natación.
David Raposo
Director do Clube de Waterpolo Santiago















