DEPORTE E SAÚDE : ACTIVIDADES
Actividades dirixidas
Capoeira
Antiga danza brasileira na que se combinan as artes marciais coa enerxía do entroido carioca.
Ritmo
Sesión de aeróbic de baixo impacto na que se realizan coreografías básicas e cun nivel de intensidade medio-baixo. Tamén pode incluír bloques de traballo de resistencia muscular e estiramentos.
BANGHRA
Un concepto moderno e actual da danza do ventre que axuda a gañar en ritmo e harmonía. Combina música, baile e exercicio.
Elyptic
Actividade colectiva que se realiza sobre unha elíptica deseñada específicamente para este fin, e dirixida por un instructor ao ritmo da música. Trátase dunha actividade divertida e fácil de practicar, na que se realiza un traballo moi completo: trabállase tanto o tren inferior coma o superior.
STEP
Actividade coreografiada na que se traballa a resistencia como cualidade física predominante. Consiste en subir, baixar e rodear un escalón ao ritmo da música.
AERÓBIC
Actividade coreografiada na que se traballa a resistencia como cualidade física predominante. Consiste en bailar ao ritmo da música.
TONO
Actividade non coreografiada na que se traballa a forza como cualidade física predominante. Realízanse movementos con cargas lixeiras ao ritmo da música.
BODY PUMP
Actividade precoreografiada que se repite durante 3 meses na que se traballa a forza como cualidade física predominante. Realízanse movementos cunha barra e discos específicos para esta disciplina.
+ 60
Actividade específica para a terceira idade que consiste en facer exercicios para mellorar a saúde e a calidade de vida.
ABDOMINAIS + GLÚTEOS
Actividade non coreografiada na que se traballa a forza como cualidade física predominante. Céntrase na realización de exercicios específicos para estas partes do corpo.
TAI-CHI
Método de orixe chinesa que busca o equilibrio interno a través dunha serie de posicións harmónicas combinadas cunha respiración e métodos de vida tranquilos.
IOGA
Método de orixe hindú baseado nuns sistemas repetitivos máis ou menos complexos. Os beneficios desta actividade radican na tranquilidade transmitida e no acougo interno.
BODY COMBAT
Actividade precoreografiada que se repite durante 3 meses na que se traballa a resistencia como cualidade física predominante. As coreografías empregadas seguen as pautas dos deportes de combate.
LATINO
Actividade coreografiada na que se traballa a resistencia como cualidade física predominante. Aproveita os ritmos e pasos da música latina como base fundamental do exercicio.
FIT-BIKE
Actividade non coreografiada na que se traballa a resistencia como cualidade física predominante. Utilízase unha bicicleta específica e simula unha etapa ciclista con subidas, baixadas,., ao ritmo da música
BATUKA
Actividade precoreografiada que traballa a resistencia combinando ximnasia, música e danza a través de divertidas coreografías deseñadas sobre cancións orixinais latinas compostas por Kike Santander, director de Operación Triunfo.
BODYSTEP
Actividade precoreografiada na que se traballa a resistencia como cualidade física predominante. Consiste en subir, baixar e rodear un escalón ao ritmo da música.
BODYJAM
Actividade precoreografiada na que se traballa a resistencia como cualidade física predominante. Consiste en bailar ao ritmo de diferentes músicas.
Actividades acuáticas
AQUAFITNESS
Actividade coreografiada na que se traballa a resistencia como cualidade física predominante. Consiste en subir, baixar e rodear un escalón ao ritmo da música nunha piscina onde a auga ten unha profundidad de 90cm.
BAÑO LIBRE
As piscinas do Multiusos Fontes do Sar e do complexo deportivo Santa Isabel están á túa enteira disposición para que fagas uso delas cando queiras.
Consultar a normativa vixente.
Uso libre
PISTA POLIDEPORTIVA
Os socios poden usar as pistas do Multiusos Fontes do Sar e do complexo deportivo Santa Isabel cando o desexen.
Consultar a normativa vixente.
SALA DE FITNESS
As salas de fitness do Multiusos Fontes do Sar e do complexo deportivo Santa Isabel están á túa enteira disposición.
Consultar a normativa vixente.
SAUNA
As saunas do Multiusos Fontes do Sar e do complexo deportivo Santa Isabel están dispoñibles para tódolos socios cando queiran empregalas.
CENTRO DE ESTÉTICA MULTIESTETIC
Centro de beleza situado no nivel 1 do Multiusos Fontes do Sar cun 20% de desconto para os abonados en todos os seus servizos. Ofrécense tratamentos faciais específicos, limpeza de cute, presoterapia e electroestimulación, aparatoloxía de rexuvenecemento, aerógrafo, solarium, depilación á cera, neodepilación por láser e luz pulsada, produtos cosméticos...
PILATES
Trátase dun revolucionario método de acondicionamento físico, que emprega principios específicos que promoven un desenvolvemento equilibrado do binomio corpo- mente mediante o traballo da respiración, a forza e a flexibilidade.
ESCOLA DE ESPALDA
Actividade multidisciplinar que une o traballo do fisoterapeuta e do instructor para prescribir exercicios específicos enfocados a mellorar o estado da espalda dos participantes. Trabállase tanto na aula coma na piscina.
CURSOS DE NATACIÓN ADULTOS
O obxectivo dos cursos é familiarizarse co contorno acuático. Preténdese que o contacto coa piscina mellore a relación dos adultos con este medio. O curso consta de unha sesión por semana.
CURSOS DE NATACIÓN NENOS
Os pequenos aprenden con estes cursos o xeito idóneo de relacionarse coa auga a través dunha sesión semanal. Sempre se mantén ó cativo motivado a través do xogo e do benestar cos seus compañeiros.
SOLARIUM
Poñemos ó teu dispor os métodos máis modernos e saudables de bronceado artificial. Ademáis, ensinámosche como beneficiarte e coidar a túa saude nas nosas máquinas de última xeración.
CLÍNICA MÉDICA E FISIOTERAPIA
Amerguín coida de ti e da túa saúde. Neste centro médico interno disporás dun equipo de especialistas que che axudarán a recuperar a túa saúde.
Se non es socio das nosas instalacións podes aproveitar os nosos servizos e equipamento adquirindo unha entrada no Multiusos Fontes do Sar ou no Complexo Deportivo Santa Isabel.
ENTRADA PISCINA
Podes utilizar a piscina cando queiras, mercando a túa entrada nas nosas instalacións.
ENTRADA XIMNASIO
O ximnasio tamén está á túa disposición se queres achegarte de xeito puntual e gozar dos mellores servizos.
ALUGUER DE TOALLAS
Con este servizo gañas en comodidade. Non importa que se che esqueza a toalla na túa casa. Sempre que veñas ás nosas instalacións poderás alugar unha.
















