ESPECTÁCULOS : ANTERIORES
MARK KNOPFLER
El artista escocés ofreció un intenso concierto de casi dos horas
Mark Knopfler fixo parada en Santiago de Compostela para presentar ante o público galego o seu novo traballo, “Get Lucky”, e para regalar aos seus seguidores varios dos seus temas máis sonados. Alma mater de Dire Straits, o artista escocés subiu ao escenario do Multiusos Fontes do Sar pasadas as dez da noite e deleitou aos preto de 9.000 asistentes con case dúas horas de intensa actuación.
O escocés estivo rodeado no seu directo por Guy Fletcher (teclados), Danny Cummings (batería), Richard Bennett (guitarra), Glenn Worf (baixo), Matt Rollings (teclados) John McCusker (violín) e Mike McGoldrick (flauta). Os momentos máis álxidos do concerto chegaron cando Knopfler deixou caer varios dos temas que o catapultaron ao éxito ao bordo dos Dire Straits, como‘Romeo and Juliet’, ‘So Far Away’, ‘Brothers in Arms’, e ‘Sultans of Swing’. As cancións asinadas durante o seu percorrido en solitario tamén acadaron a admiración do público, con cancións coma a que deu comezo ao concerto, "Border Reiver", "What it is", "Done with Bonaparte", "Coyote" ou "Marbletown".
O concerto, patrocinado por Xacobeo 2010, enmárcase dentro da xira “Get Lucky Tour” que o artista está a desenvolver durante os meses de verán, con sesenta concertos en máis de vinte países europeos. As once cancións do álbum que presenta son unha exploración das raíces musicais de toda unha vida, abordadas cunha extraordinaria combinación do folk e o blues coa súa orixinal forma de composición, con ingredientes británicos personalizados e unhas letras froito da observación máis vívida. Gañador de varios Grammy ao fronte de Dire Straits, vendeu millóns de discos en todo o mundo, colleitou éxitos con temas como "Money Is For Nothing", "Sultans of Swing" ou "Romeo and Juliet", e foi capaz de crear un son único que marcou unha parte da historia da música universal.
28 de Julio
9.000 persoas
HELP CONCERT: Morcheeba, Juliette Lewis, Cornelius 1960
Morcheeba, Juliette Lewis e Cornelius 1960, unidos contra o cambio climático
O 24 de xuño o Multiusos Fontes do Sar acolleu a iniciativa "Help Concert", un concerto incluído na programación de Xacobeo que buscaba concienciar sobre os efectos do cambio climático e sobre a conservación do medio ambiente.Preto de 2.000 persoas non quixeron perderse esta cita solidaria coa boa música.
Os británicos Morcheeba, a cantante e actriz estadounidense Juliette Lewis, e os galegos Cornelius 1960 integraban o cartel. A banda inglesa Morcheeba presentou en exclusiva no noso país o seu último traballo, Blood like lemonade. Amais, regresaron pisando forte, coa súa mítica vocalista Skye Edwards. A recadación da noite foi destinada a Manos Unidas e Juntos Podemos.
24 de Junio
2.000 persoas
BILL WYMAN
O ex baixista dos Stones ofreceu unha única actuación en Galicia
O ex baixista de The Rolling Stones Bill Wyman ofreceu o domingo 30 de maio no Multiusos Fontes do Sar a súa única actuación en Galicia, grazas ao patrocinio de Fundación Caixa Galicia. Wyman chegou a Compostela no marco da súa xira española, que fixo parada en Vitoria (28 de maio), Segovia (29 de maio), Oviedo (1 de xuño) e Barcelona (3 de xuño).
Bill Wyman foi baixo nos Rolling Stones entre os anos 1962 e 1993. Logo desta etapa forxouse unha sólida carreira en solitario. Nos últimos anos está de xira coa súa banda de blues, soul e jazz, The Rhythm Kings, que contou coa participación de músicos como Martin Taylor, Albert Lee, Gary Brooker, Terry Taylor, Mike Sánchez e Georgie Fame, e con luxosas incorporacións puntuais (Eric Clapton, Peter Frampton). No 2009 o grupo publicou un recopilatorio coas súas 21 mellores gravacións, “Best Of Bill Wyman’s Rythm Kings”, algunhas das cales se puideron escoitar en directo no Multiusos.
30 de Mayo
1.200 persoas
JOAN MANUEL SERRAT
Serrat emocionou no Palacio de Congresos
O cantautor catalán visitou o domingo 2 de maio o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, nun concerto promovido polo Multiusos Fontes do Sar e copatrocinado por Fundación Caixa Galicia e Xacobeo 2010. Serrat veu presentar o seu último disco, “Hijo dela luz y de la sombra”, en homenaxe a Miguel Hernández. Arredor de 1.600 persoas aplaudiron con ímpetu o magnífico recital que ofreceu sobre o escenario.
O cantautor estivo acompañado na súa actuación de seis músicos baixo a dirección do mestre Ricard Miralles, o fiel e amigo pianista, José Mas Kitflus nos teclados, Vicente Climent á batería e percusións, Israel Cuenca ás guitarras, Olvido Lanza á viola e Víctor Merlo ao contrabaixo e baixo eléctrico. No fondo do escenario había tres pantallas xigantes nas que se proxectaron videoclips relativos á poesía de Hernández filmados por prestixiosos directores de cine españois, coma Manuel Gutiérrez Aragón, José Luis Garci ou Isabel Coixet, entroutros.
02 de Mayo
1.600 persoas
"Saltimbanco", de CIRQUE DU SOLEIL
Máis de 40.000 persoas gozaron do espectáculo
Entre o 21 e o 25 de abril asistimos por primeira vez en Galicia á presentación de Saltimbanco, o maior espectáculo de acrobacias, luz e son do Cirque du Soleil. 95 artistas de 20 nacionalidades e 140 profesionais representan o espectáculo, unha exhibición de acrobacias, maxia luz e son dirixida a todos os públicos. Máis de 40.000 persoas asistiron ás oito funcións programadas durante eses días no Multiusos Fontes do Sar.
Saltimbanco, leva na estrada desde 1992, 10 millóns de persoas gozárono desde entón, uns 5.000 shows. Os galegos puideron desfrutar duns días de maxia incomparable, de música en directo e as mellores e máis difíciles acrobacias nun incomparable show do Cirque du Soleil. 95 artistas de 20 nacionalidades, 140 persoas de produción local, 180 toneladas de equipos, 1.200 pezas de vestiario, conforman a trouppe de Saltimbanco, dirixido por Franco Dragone.
21 de Abril
45.000 persoas
PISTA DE HIELO
Más de 22.000 personas disfrutaron del patinaje sobre hielo en el recinto ferial de Amio.
Entre el 18 de diciembre y el 17 de enero todos los compostelanos tuvieron la oportunidad de aprovechar su tiempo de ocio con una propuesta llena de deporte y diversión. El 18% de los asistentes fueron abonados de las instalaciones deportivas del Multiusos Fontes do Sar o del C.D. Santa Isabel, y el 82% restante no eran abonados de los centros, miembros de diversos colectivos (clubs de patinaje, asociaciones de
vecinos...), y jóvenes de centros escolares (que asistieron dentro de la campaña de iniciación
al patinaje sobre hielo puesto en marcha por el Ayuntamiento de Santiago). La pista de hielo estuvo organizada por el Departamento de Deportes del Concello de Santiago y el Multiusos Fontes do Sar, y contó con el patrocinio de Fundación Caixa Galicia y la colaboración de Gadis y Cabreiroá.
17 de Enero
22.000 persoas
CANTAJUEGO
El espectáculo hizo las delicias de los más pequeños.
El grupo Encanto mostró su repertorio más conocido en su única actuación en Galicia, en el compostelano Multiusos Fontes do Sar, ante más de 3.500 personas. Los actores, bailarines, cantantes, acróbatas y músicos que componen el grupo EnCanto, apoyados por cuatro títeres de tamaño humano, hicieron que el público se entregara por completo y se divirtiese al máximo en su actuación en el Multiusos Fontes do Sar. La imaginación y la fantasía de CantaJuego captaron por completo la atención de los niños y niñas de Galicia durante los más de 90 minutos que duró su directo en Santiago. La música y los movimientos de sus canciones más conocidas (“Tallarín”, “La taza”, “El cocodrilo”…) y los múltiples villancicos que cantaron y coreografiaron, hicieron que los más pequeños, pero también los padres, lo pasaran en grande a lo largo de todo el recital, y que acabasen el espectáculo arremolinados delante del escenario para disfrutar más cerca de los personajes. La actuación estuvo apoyada por la Concejalía de Educación de Santiago y Fundación Caixa Galicia.
CantaJuego se convirtió en los últimos años en una de las propuestas musicales y didáctivas preferidas por los niño y por sus padres. Se trata de un proyecto pedagógico y musical en formato audiovisual, desarrollado por especialistas en la estimulación psicomotriz y el trabajo psicopedagóxico. Especialmente orientado a los niños y niñas de 0 a 6 años, “Cantajuego” propone utilizar la música y el movimiento para poner en funcionamiento la imaginación y la fantasía y, en definitiva, para ayudar a desarrollar la psicomotricidad, potenciar el mundo afectivo y las relaciones sociales.
04 de Enero
3.500 persoas













