NOTICIAS
12 de Marzo 2010
El 12 de marzo empieza en el Multiusos un nuevo curso de salvamento y socorrismo en instalaciones acuáticas
O Multiusos Fontes do Sar e SADEGA inician novos cursos de formación en salvamento e socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais, en colaboración con Caixa Galicia, o Departamento de Deportes do Concello de Santiago e a Universidade de Vigo. As persoas que superen o curso obterán o certificado que lles permite traballar en piscinas de toda España.
As clases iniciaranse o venres 12 de marzo, ás 17:00h, no Multiusos Fontes do Sar. O curso desenvolverase nas instalacións do recinto e mais nas Piscinas Fontes do Sar, os venres pola tarde, o sábado todo o día e os domingos pola mañá. En total, terá unha carga horaria de 520 horas, das cales 140 serán presenciais.
CONTIDOS DO CURSO: Natación, Primeiros Auxilios, Prevención de accidentes en instalacións acuáticas, Rescate de accidentados en instalacións acuáticas, Prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais e Rescate de accidentados en espazos acuáticos naturais.
PREZO DO CURSO: 390 euros. Posibilidade de fraccionar o pago. Inclúe formación, libros de texto, seguro e bolsa de traballo. DESCONTO DO 10% A abonados do Multiusos Fontes do Sar, Complexo Deportivo Santa Isabel e Sadega, e para clientes de Caixa Galicia.
PRAZAS LIMITADAS: 30 (por riguroso orde de matriculación).
Se precisas máis información chama ao 981 568 160 ou pregunta na recepción do Multiusos Fontes do Sar.
DESCARGA AQUÍ A TÚA FOLLA DE INSCRICIÓN.













