NOTICIAS
04 de Octubre 2010
En octubre empieza un nuevo curso de PER al que ya te puedes anotar
Presentación e entrega de documentación: luns 4 de outubro, ás 20.00h.
Clases presenciais: 8 clases presenciais de 2 horas cada unha. Todos os martes, a partires do 5 de outubro e ata o 23 de novembro, de 20.00 a 22.00 h. na Aula Náutica do Multiusos do Sar. O curso é de modalidade semipresencial, complementándose as clases preseciais cun curso “on line” de última xeración
Exame extraordinario para este grupo: 24 de novembro.
-ATRIBUCIÓNS:
Manexo de embarcacións con potencia ilimitada de ata 12 m. de eslora e ata 12 millas da liña que discorre paralela á costa. Inclúe manexo de toda clase de motos acuáticas.
-PRÁCTICAS:
Poden facerse antes o despois do exame, a conveniencia dos alumnos. Seguridade e Navegación (motor): 16 horas. Vela: 20 horas. Radiocomunicacións: 2 horas. (As de vela son só obrigatorias para os que queren quedar habilitados para navegar a vela).
-PREZOS:
-Curso Teórico: 265 € para os abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou Complexo Deportivo de Santa Isabel e clientes de Caixa Galicia. 295 € para o resto. O prezo inclúe IVE, material e subscrición ao curso por internet. Non inclúe taxas de exame que hai que pagar á Xunta (37 €). As prácticas pagaranse aparte unha vez realizadas.
-ORGANIZACIÓN:
O curso está organizado pola Escola de Navegación de Lecer Portomeloxo, homologada pola Xunta de Galicia co indicativo ENAL X GEN 021, e o Multiusos Fontes do Sar, en colaboración con Caixa Galicia dentro do programa Náutica Popular. Si algún alumno suspende poderá facer o seguinte curso de xeito gratuíto.
Para matricularse no curso basta con mandar a solicitude ao email cursosnautica@multiusos.net e traer o día da presentación o recibo de ter ingresado no banco o importe do curso teórico. O ingreso deberá facerse na conta de Portomeloxo S.L, nº 0182 0267 19 0101501397. Tamén pódese pagar en efectivo o mesmo día da presentación. Calquer dúbida no teléfono 616217619 (Pedro Puialto). Máis información en www.portomeloxo.com.













