Última Hora

11/02/2010

Esta semana, no Multiusos Fontes do Sar... Copa de España de fútbol sala (do 11 ao 14 de febreiro)

04/02/2010

CD Santa Isabel:Por enfermidade do instructor Sergio, os Bodystep do xoves 04 e venres 05 serán sustituidos por Ab&gl.

08/01/2010

LIGHT CONTACT: NOVA ACTIVIDADE NO MULTIUSOS FONTES DO SAR A PARTIRES DO 18 DE XANEIRO DE 2010. MÁIS INFORMACIÓN NA RECEPCIÓN DA INSTALACIÓN.

01/01/2009

Agora, clase de FITBIKE tamén ao MEDIODÍA! De martes a xoves, de 15:30 a 16:25, no Multiusos Fontes do Sar.

01/01/2009

Lembramos que é obrigatorio o uso de toalla nas salas de musculación e cardiovascular

Cor de Fondo

color de fondo color de fondo color de fondo color de fondo

Tamaño de texto

Deportegal

NOVAS

21 de Novembro 2009

O músico e compositor francés Yann Tiersen ("Amélie") actúa no Multiusos Fontes do Sar o 21 de novembro

O sábado 21 de novembro (22h) o músico e compositor francés Yann Tiersen ofrecerá unha actuación única no Multiusos Fontes do Sar, grazas ao patrocinio da Fundación Caixa Galicia. O artista, descuberto polo gran público a raíz da súa célebre banda sonora do filme "Amélie", estará precedido no escenario polo músico británico Matt Elliott. Xa podes adquirir as túas entradas, que están á venda na páxina web de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es) e en Ticketmaster (902 150 025; www.ticketmaster.es) a un prezo de 15 euros. Os que adquiran a súa localidade coa tarxeta Visa Electrón Netclub de Caixa Galicia gozarán dun 25% de desconto.
Cunha brillante traxectoria discográfica que comenza en 1995 con “La valse des monstres” e acada os seus momentos álxidos en “Le phare” (1997) e particularmente en “L’absente” (2001), a relación de Yann Tiersen e o cine é extensa. Amais de “Tabarly” e “Le fabuleux destin d’Amélie Poulain”, tamén é autor da música dos filmes “Good bye Lenin!” (2003) e “Alice et Martin” (André Techiné, 1998), e do tema principal de “La vida soñada de los ángeles”, de Erick Zonca. A finais de 2009 verá a luz o seu novo e agardado disco de estudio, "Dust Lane", no que colaboraron artistas como Syd Matters, Orka ou Matt Elliott, entre outros.

cursos
horarios
depilclub
depilclub

Teléfono de Contacto

Multiusos Fontes do Sar

981.56.81.60

Santa Isabel

981.58.12.20