Última Hora

09/09/2010

A PISCINA DE VERÁN DE SAR PECHARÁ O VINDEIRO DOMINGO 12 DE SETEMBRO DE 2010 PARA O ACONDICIONAMENTO DE CARA A TEMPADA DE INVERNO QUE COMEZARÁ O 1 DE OUTUBRO 2010

12/06/2010

HORARIO das Piscinas Fontes do Sar: de luns a domingo, de 11 a 21h.

Cor de Fondo

color de fondo color de fondo color de fondo color de fondo

Tamaño de texto

Amerguin
Deportegal
Xacobeo 2010
Xacobeo 2010

NOVAS

04 de Marzo 2010

Unhas oitenta persoas coñecen no Multiusos Fontes do Sar o QiGong da man do prestixioso profesor Yu Dinghai

Preto de oitenta persoas achegáronse ata o Multiusos Fontes do Sar dende diversos puntos de Galicia e incluso dende fóra da comunidade (cinco persoas viñeron á actividade dende León) para coñecer o Qigong na súa versión máis actual no obradoiro de Qigong Renovado da Saúde que se celebrou o día 4 de marzo. A actividade foi impartida por catro profesores da Asociación Estatal China, entre os que se atopaba o prestixioso profesor Yu Dinghai e o Secretario Xeral Sr. Yi Yunshi.
O Qigong forma parte do conxunto da Mediciña Tradicional China, xunto coa Acupuntura, a Moxibustión, a Tui Na (masaxes), a Dietética e a Farmacopea. A práctica de Qigong axuda a gañar en elasticidade, favorece a relaxación e o control do estrés, mellora a vitalidade e aumenta a sensación de benestar. Estudos médicos realizados en China amosaron tamén que os exercicios realizados correctamente son seguros e non teñen contraindicacións, non producen efectos secundarios, e incluso axudan á mellora dalgunhas enfermidades crónicas como a hipertensión ou a diabete. A práctica continuada dos exercicios mellora a flexibilidade articular, a elasticidade, a forza muscular e o equilibrio.
Os movementos de torsión da cintura actúan directamente sobre as funcións do sistema dixestivo, circulatorio e cardiovascular e sobre o sistema nervioso xeral. A práctica regular e constante de Qigong axuda a equilibrar os sistemas físico, enerxético e espiritual, de tal xeito que o yin e yang poidan equilibrarse en favor da saúde e de xeito que se colabore na prevención e mellora de todo tipo de doenzas.

Preme aquí para ver as fotos do obradoiro

Imprimir | Volver

cursos
horarios
depilclub
depilclub

Teléfono de Contacto

Multiusos Fontes do Sar

981.56.81.60

Santa Isabel

981.58.12.20