Última Hora

17/04/2014

O xoves 1 de maio as instalacións permanecerán pechadas pola celebración do día do traballo.

03/04/2014

CD SANTA ISABEL: Sábado 26 de abril 2014. Non se poderá utilizar a piscina pola celebración dun campionato de natación. Teñen a súa disposición a Piscina Fontes do Sar. Desculpen as molestias

13/02/2014

ATENCIÓN! O sinal de "prohibido estacionar" agora afecta a todo o periférico do Multiusos que está á beira do río, e a partir do xoves 13 de febreiro van empezar a sancionar aos vehículos aí aparcados.

Cor de Fondo

color de fondo color de fondo color de fondo color de fondo

Tamaño de texto

Amerguin
Regalos Baratos Originales
Wonder School
Padel Boom
Atletismo Fontes do Sar

NOVAS

24 de Marzo 2012

A banda navarra MAREA estará o 24 de marzo no Multiusos Fontes do Sar

A banda de rock’n’roll Marea volverá ao Multiusos Fontes do Sar a noite do sábado 24 de marzo. O grupo navarro liderado por Kutxi Romero estará en Santiago para presentar o seu último álbum, "En mi hambre mando yo". As localidades están á venda de xeito anticipado a un prezo de 20€ a través de www.losmarea.com, www.entradas.com, 902 22 14 24, NovaCaixaGalicia (902 43 44 43; www.novacaixagalicia.es), Red de Cajeros de CajaMadrid, CajaNavarra, Ibercaja y Grupo Rural, Red TicketMaster, www.ticketmaster.es, 902 15 00 25, FNAC, Carrefour, oficinas Halcón Viajes; e a un prezo de 24€ no despacho de localidades do Multiusos o día do evento. Prohibida a entrada a menores de 18 anos.

Logo de vender máis de 60.000 entradas e esgotar localidades en cidades como Valencia, Granada, Badalona, Bilbao ou Madrid, Marea a banda navarra arrincará unha mini-xira latinoamericana con paradas en Santiago de Chile, Bogotá (Colombia) e as localidades arxentinas de Santa María de Punilla, en Córdoba, Rosario, Mar del Plata e Buenos Aires. Á volta de Latinoamérica, Marea arrincará en marzo a segunda parte do seu exitoso tour. As dúas primeiras datas en anunciarse foron Santiago de Compostela (24 de marzo, Multiusos Fontes do Sar) e Santander (30 de marzo, Palacio de los Deportes).


SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA O CONCERTO DE “MAREA” NO MULTIUSOS FONTES DO SAR
Detállanse de seguido os servizos de transporte urbano con motivo do concerto:
SERVIZO LANZADEIRA desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19.00 h.
A LIÑA C11 (circular de Fontiñas) accede ao multiusos Fontes do Sar nalgunhas das súas viaxes o sábado pola tarde: 18:30, 19:00, 19:30, 20:00, 20:55 e 21:30 (horas de paso aproximadas por Xeneral Pardiñas). As paradas máis céntricas para acceder a esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro.
Ao remate do concerto, manterase o SERVIZO LANZADEIRA desde o multiusos con destino á rúa de Ramón Piñeiro (lateral Parlamento de Galicia).

cursos
horarios
depilclub
depilclub
AMQuality

Teléfono de Contacto

Multiusos Fontes do Sar

981.56.81.60

Santa Isabel

981.58.12.20