TRIBALISTAS estarán no Multiusos Fontes do Sar o 26 de outubro

TribalistasCompostela é unha das cidades elixidas por Tribalistas para a súa xira por Europa. O trío formado por Marisa Monte, Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown regresa quince anos despois de vender tres millóns de discos para facer unha xira mundial. As localidades están á venda en Ticketea.

A cita será o venres 26 de outubro ás 21 horas no Multiúsos de Sar, e contará cun artista convidado. Tribalistas é un dos maiores fenómenos da música brasileira recente e os seus tres protagonistas volveron xuntarse en 2017 para publicar un novo disco quince anos despois do grandísimo éxito que supuxo o anterior. As súas músicas tiveron alcance mundial e medio planeta cantaruxaba aquilo de “eu sou de ninguem, eu sou de todo o mundo, e todo o mundo me quer bem” do tema ‘Ja sei namorar’.

A banda estará formada por Dadi Carvalho (baixo, guitarra eléctrica, mandolina e teclado), Pedro Baby (guitarras acústicas e eléctricas), Pretinho da Serrinha (cavaquinho) e Marcelo Costa (batería).

DEREITO DE ADMISIÓN DE ACCESO DE MENORES AO CONCERTO DE TRIBALISTAS NO MULTIUSOS FONTES DO SAR O DÍA 26 DE OUTUBRO DE 2018 MENORES DE 16 ANOS: Autorización.

DEREITO DE ADMISIÓN DE ACCESO DE MENORES AO CONCERTO DE TRIBALISTAS NO MULTIUSOS FONTES DO SAR O DÍA 26 DE OUTUBRO DE 2018 IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 16 E 18 ANOS: Autorización.

Pin It