En outubro volve MULTIXOGO con inchables e actividades deportivas. GRATIS PARA ABONADOS!

DSC_0221No mes de outubro regresa MULTIXOGO para poder desfrutar en familia dos domingos pola tarde no Multiusos Fontes do Sar. Os nenos poderán seguir desfrutando de inchables, camas elásticas, xogos, baloncesto, fútbol sala… MULTIXOGO abrirá todos os domingos (agás ocupación do recinto por partidos, eventos, etc) en horario de 16:30 a 20:30 horas con actividades para rapaces ata 15 anos e zonas de xogo separadas por idades. Os nenos que son abonados do Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel accederán de xeito gratuíto, e os que non están inscritos nos centros terán que pagar unha entrada de 10€. Tamén existe a posibilidade de celebrar cumpreanos con acceso á zona de xogo, zona reservada e merenda. Os interesados poden escribir un e-mail a multixogo@multiusos.net ou chamar ao 981 568 160.

Pin It