ROBE NO MULTIUSOS FONTES DO SAR. Consulta os servizos de autobús para o concerto.

Finalmente o único concerto de Robe en Galicia realizarase en Santiago de Compostela, no Multiusos Fontes do Sar, o vindeiro 31 de outubro, víspera de festivo. Realizarase con público de pe en pista e sentado nas gradas, o que permitirá vivir un concerto de rock en estado puro.

As entradas están dispoñibles na web do artista: robe.es.

Servizos de autobús para asistir ao concerto de Robe Iniesta no multiusos Fontes do Sar (domingo 31/10/2021)

*Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:00 ata as 21:30, hora de inicio do concerto.

*A liña C11 conta con parada próxima ao multiusos na rúa de Londres, cruce con Fontes do Sar. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, Ensinanza e Virxe da Cerca.

*Ao remate do concerto manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.

INFORMACIÓN E CONDICIÓNS ESPECÍFICAS PARA O CONCERTO  👇🏼

– Recordade que as portas abren ás 19.30h e que o concerto comezará ás 21.30h.

– Está totalmente prohibido beber na pista. O público de pista só pode consumir nas zonas exteriores habilitadas.

– A xente de grada/anfiteatro 1 só poderá consumir na butaca, sempre mantendo a distancia de seguridade.

– En todo momento é obrigatorio o uso de máscara, agás nos momentos onde se estea consumindo.

– Non se pode entrar con paraugas.

– Non se pode fumar dentro do recinto, só nas zonas exteriores habilitadas para elo.

– Habilitarase un servizo de autobuses para o concerto con saída da Rúa da Rosa a partir das 19:00 ata as 21:30h. Ao remate do concerto haberá servizo de buses de volta.

Vémonos no Multiusos!

Pin It