{"id":10074,"date":"2012-11-05T00:00:00","date_gmt":"2012-11-04T23:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2012\/11\/05\/pilates-era-un-home-e-puyol-o-futbolista-tamen-por-fran-gomez-adestrador-persoal-e-nutricionista-deportivo-2-2\/"},"modified":"2012-11-05T00:00:00","modified_gmt":"2012-11-04T23:00:00","slug":"pilates-era-un-home-e-puyol-o-futbolista-tamen-por-fran-gomez-adestrador-persoal-e-nutricionista-deportivo-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2012\/11\/05\/pilates-era-un-home-e-puyol-o-futbolista-tamen-por-fran-gomez-adestrador-persoal-e-nutricionista-deportivo-2\/","title":{"rendered":"\u00abPilates era un home (e Puyol, o futbolista, tam\u00e9n)\u00bb. Por Fran G\u00f3mez, adestrador persoal e nutricionista deportivo"},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/PILATESHOMBRESweb.jpg\">De tanto falar do Pilates, das vantaxes do m\u00e9todo, dos resultados desta disciplina sobre o noso corpo, de todo o bo que nos proporciona a s\u00faa pr\u00e1ctica \u2026 de tanto mentar ao se\u00f1or Joseph, \u00e1s veces, esquecemos que detr\u00e1s desas sete letras m\u00e1xicas para as ciencias do deporte do s\u00e9culo XXI estaba unha persoa e, para m\u00e1is sinais, un var\u00f3n. D\u00edgoo porque a\u00ednda hai quen pensa que o Pilates \u00e9 a \u00faltima moda dos ximnasios para as mulleres, o novo aerobic. E nada m\u00e1is lonxe da realidade. O m\u00e9todo naceu hai xa case un s\u00e9culo para adestrar un corpo masculino e ten m\u00faltiples vantaxes na s\u00faa aplicaci\u00f3n en homes. <\/p>\n<p><strong>Un Adonis a piques de romper<\/strong><br \/>\nCando algu\u00e9n me sae con ese argumento, tan antigo e tan pouco cient\u00edfico, de que o Pilates \u00e9 para mulleres, v\u00e9nseme \u00e1 cabeza un caso que me tocou moi de preto: un adestrador que contratei hai xa anos e que a\u00ednda forma parte do meu equipo. Licenciado en Inef, esculpido m\u00fasculo a m\u00fasculo a base de horas de pesas e peitugas de polo, o rapaz semellaba o espello no que calquera cliente dun ximnasio se querer\u00eda mirar: oitenta quilos de pura fibra sobre os que se poder\u00eda dar clase de anatom\u00eda. Iso si, era incapaz de atar os cord\u00f3ns das zapatillas de deporte sen antes sentar. <\/p>\n<p>A cousa ser\u00eda de risa se non fose, en realidade, preocupante. O meu Adonis de ximnasio, acabados de cumprir os vintecinco anos, evitaba moitos movementos habituais, como baixarse a coller algo que lle caera ao chan, porque ti\u00f1a medo a \u201cquedarse clavado\u201d (as\u00ed o defin\u00eda el), a \u201cromper\u201d, a lesionarse. Case arrastras, obrigueino a tomar clases de Pilates e a usar o Reformer d\u00faas veces por semana. Nuns meses, sen perder tonicidade nin cambiar o seu musculado f\u00edsico, o meu disc\u00edpulo transformou a s\u00faa capacidade de movemento.<br \/>\nPorque estar en forma non \u00e9 s\u00f3 ter m\u00fasculos grandes e fortes. Tam\u00e9n \u00e9 preciso que  sexan flexibles e resistentes, e que toda a musculatura profunda, xeralmente dormida baixo os grandes grupos musculares exteriores, se mante\u00f1a cun tono axeitado.<\/p>\n<p><strong>Reformer, a m\u00e1quina m\u00e1is completa<\/strong><br \/>\nNon me canso de insitir. Calquera que queira ter un corpo musculado e tonificado deber\u00eda practicar Pilates en Reformer. Hoxe por hoxe \u00e9, tal vez, o \u00fanico sistema de adestramento que cobre as necesidades de flexibilidade, resistencia, equilibrio, coordinaci\u00f3n e, tam\u00e9n, de fortalecemento muscular. Resulta unha t\u00e9cnica moito m\u00e1is integral que calquera outro traballo de fitness, xa que ademais de traballar brazos, hombreiros, costas, peito ou pernas, exerce un traballo imprescindible da musculatura m\u00e1is profunda do centro do corpo. Deste xeito, mant\u00e9monos en forma, previmos lesi\u00f3ns e tonificamos o abdome sen ter que pasar tempo e tempo cos \u201cabominables\u201d abdominais.<br \/>\nNon \u00e9 de estranar que deportistas da talla de Carles Puyol empreguen habitualmente o Reformer nos seus adestramentos.  Con el, nos tam\u00e9n conseguiremos:<br \/>\n\u2022 desenvolver moitos m\u00fasculos pequenos que normalmente ignoramos nos nosos adestramentos coti\u00e1s. Ademais, cando inclu\u00edmos o Reformer na nosa rotina semanal conseguimos multiplicar os efectos do noso traballo no ximnasio, porque aprendemos a adestrar sempre cunha correcta alineaci\u00f3n, e as\u00ed conseguimos facer m\u00e1is intensas e efectivas as nosas sesi\u00f3ns exercizos en pesas ou m\u00e1quinas<br \/>\n\u2022 aliviar problemas de espalda. A atenci\u00f3n especial que lle d\u00e1 o Pilates \u00e1 rexi\u00f3n lumbop\u00e9lvica axuda \u00e1 pelve a resituarse na s\u00faa posici\u00f3n neutral anat\u00f3mica. Coa columna nesa posici\u00f3n somos quen de soportar mellor a resistencia do corpo, eliminando a compresi\u00f3n excesiva nos discos intervertebrais<br \/>\n\u2022 coller unha boa postura. Algo chave, sobre todo, para librarnos de dores lumbares, cervicais e da zona escapular. Aprender a permanecer ben posicionado axuda a ofrecer unha mellor imaxe, a semellar m\u00e1is altos e mesmo m\u00e1is fortes<br \/>\n\u2022 incrementar o rendemento deportivo noutras disciplinas coma o golf, tenis, nataci\u00f3n, f\u00fatbol ou as esixentes probas de carreiras combinadas (triatl\u00f3n, pentatl\u00f3n, heptatl\u00f3n\u2026)<br \/>\nPracticar Pilates en Reformer axuda a mellorar o rendemento atl\u00e9tico dos homes, desenvolvendo toda forza e a flexibilidade dos seus m\u00fasculos, fac\u00e9ndoos m\u00e1is \u00e1xiles e axud\u00e1ndolles a traballar mellor no resto dos adestramentos coti\u00e1s do ximnasio, d\u00e1ndolles ademais m\u00e1is concentraci\u00f3n e coordinaci\u00f3n nos deportes de equipo ou de precisi\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De tanto falar do Pilates, das vantaxes do m\u00e9todo, dos resultados desta disciplina sobre o noso corpo, de todo o bo que nos proporciona a s\u00faa pr\u00e1ctica \u2026 de tanto mentar ao se\u00f1or Joseph, \u00e1s veces, esquecemos que detr\u00e1s desas sete letras m\u00e1xicas para as ciencias do deporte do s\u00e9culo XXI estaba unha persoa e,&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10074"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10074"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10074\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10074"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10074"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10074"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}