{"id":10079,"date":"2012-09-24T00:00:00","date_gmt":"2012-09-23T22:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2012\/09\/24\/quero-o-corpo-dunha-deusa-grega-por-fran-gomez-adestrador-persoal-e-nutricionista-deportivo-2-2\/"},"modified":"2012-09-24T00:00:00","modified_gmt":"2012-09-23T22:00:00","slug":"quero-o-corpo-dunha-deusa-grega-por-fran-gomez-adestrador-persoal-e-nutricionista-deportivo-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2012\/09\/24\/quero-o-corpo-dunha-deusa-grega-por-fran-gomez-adestrador-persoal-e-nutricionista-deportivo-2\/","title":{"rendered":"\u00abQuero o corpo dunha deusa grega!\u00bb. Por Fran G\u00f3mez, adestrador persoal e nutricionista deportivo"},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/ARTIGODEUSAGREGA.jpg\">No templo de Apolo, en Delfos, estaba escrita a frase \u201cCo\u00f1\u00e9cete a ti mesmo\u201d. Esa \u00e9 unha premisa b\u00e1sica que debemos ter sempre presente, tam\u00e9n se queremos adelgazar. <\/p>\n<p>Se antes de po\u00f1ernos \u00e1 tarefa de perder peso e de cambiar a nosa silueta dedicamos un tempo a pensar c\u00f3mo somos, por qu\u00e9 temos o aspecto que temos, e \u00f3nde queremos chegar todo ser\u00e1 m\u00e1is doado.<\/p>\n<p>A cousa semella  de perogrullo pero non o \u00e9. Po\u00f1amos un exemplo: esa compa\u00f1eira de ximnasio cun busto e unha cintura envexables pero coas cadeiras e as pernas grosas, que deixa a pel na cinta e na el\u00edptica, que est\u00e1 puntual coma un reloxo d\u00eda si e d\u00eda tam\u00e9n \u00e1s portas da clase de step, que xura e perxura que s\u00f3 cea leituga\u2026 e que, polo que vemos na ducha ao rematar a sesi\u00f3n, non baixa nin un gramo desde que a co\u00f1ecemos hai tres anos. Qu\u00e9 fai mal?<\/p>\n<p>O primeiro, non co\u00f1ecerse a si mesma. Unha muller que acumula graxa nas cadeiras e as pernas non cambiar\u00e1 a forma do seu corpo se non deixa de facer aer\u00f3bicos e de pasar fame. Est\u00e1 comprobado que coa actividade cardiovascular e de resistencia qu\u00e9imase graxa de todo o corpo (inclu\u00eddas partes das que tal vez non nos interesa perder volume, como a cara ou o peito) pero queda intacta, precisamente, a das cadeiras e a parte alta das pernas. Isto d\u00e9bese a que nesa zona hai poucos receptores de adrenalina, que \u00e9 a substancia que mobiliza os l\u00edpidos cando facemos este tipo de exercizos. Para rebaixar unha silueta de tipo \u201cpera\u201d deberemos optar por unha alimentaci\u00f3n saudable e por inclu\u00edr sempre na nosa rutina exercizos anaer\u00f3bicos: esforzos intensos pero de curta duraci\u00f3n como carreiras r\u00e1pidas, adestramento por intervalos e \u00a1pesas!, \u00a1moitas pesas! que nos axudar\u00e1n a perder graxa destas zonas de reserva femininas. <\/p>\n<p><strong>As pesas, cousa de mulleres<\/strong><br \/>\nPoucas mulleres se atreven a coller as mancuernas e as pesas, e traballar co que tecnicamente denominamos \u201cpeso libre\u201d. A meirande parte das clientas femininas escollen, para adestrar forza e tonificar, outras opci\u00f3ns como as clases de body pump ou de tono. E as que adestran por libre optan, en todo caso polas m\u00e1quinas de musculaci\u00f3n.<br \/>\nSe acabamos de chegar ao ximnasio ou a traballar con peso pode ser boa idea comezar nesas clases dirixidas ou pedirlle a un monitor de sala que nos dese\u00f1e un circu\u00edto que nos obrigue a ir dunha m\u00e1quina noutra traballando grandes grupos musculares. Pero para conseguir transformar o noso corpo \u00a1non queda outra que traballar con peso libre!<\/p>\n<p><strong>Seguir queimando graxa despois da ducha<\/strong><br \/>\nO debate entre recomendar adestrar con m\u00e1quinas ou pesas, entre os profesionais do fitness, \u00e9 todo  un cl\u00e1sico. Algo as\u00ed como \u201cBeatles ou Rolling\u201d, \u201cReal Madrid ou Bar\u00e7a\u201d, \u201cautom\u00e1tico ou con marchas\u201d. As m\u00e1quinas te\u00f1en un patr\u00f3n de movemento determinado. Iso limita o rango de movemento individual e fai que a persoa se te\u00f1a que axustar ao rango de movemento da m\u00e1quina. Polo xeral, eu, como adestrador, recomendar\u00eda m\u00e1quinas s\u00f3 aos principiantes que fan programas de acondicionamento f\u00edsico. As\u00ed poden dosificar a carga e ter m\u00e1is control sobre os seus movementos. Unha vez superada a fase inicial, non te\u00f1o d\u00fabidas: a polo traballo con peso libre!. Traballar con barras, mancuernas, discos ou bal\u00f3ns medicinais involucra m\u00e1is fibras e m\u00e1is cantidade de masa muscular, e act\u00faa sobre as fibras m\u00e1is profundas. E deste xeito non s\u00f3 tonificamos sen\u00f3n que, ao final, conseguiremos m\u00e1is estabilizaci\u00f3n, m\u00e1is coordinaci\u00f3n, m\u00e1is propiocepci\u00f3n e elevar o metabolismo do noso corpo, que seguir\u00e1 gastando calor\u00edas a bo ritmo durante as seguintes 48 horas. \u00a1Mesmo estando en repouso! <\/p>\n<p>O mellor, para baixar volume nesas zonas dif\u00edciles, sobre todo as da obesidade tipicamente feminina, \u00e9 esquecerse de pasar fame para evitar o \u201cefecto rebote\u201d, adestrar pesas e, acto seguido, darnos ca\u00f1a con 45 minutos de traballo cardiovascular. Sendo constante conseguir\u00e1s cambiar para sempre a frase coa que comezabamos este artigo porque \u201cnon te co\u00f1ecer\u00e1s nin ti mesma\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No templo de Apolo, en Delfos, estaba escrita a frase \u201cCo\u00f1\u00e9cete a ti mesmo\u201d. Esa \u00e9 unha premisa b\u00e1sica que debemos ter sempre presente, tam\u00e9n se queremos adelgazar. Se antes de po\u00f1ernos \u00e1 tarefa de perder peso e de cambiar a nosa silueta dedicamos un tempo a pensar c\u00f3mo somos, por qu\u00e9 temos o aspecto&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10079"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10079"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10079\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10079"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10079"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10079"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}