{"id":10080,"date":"2012-09-18T00:00:00","date_gmt":"2012-09-17T22:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2012\/09\/18\/espellino-maxico-axudame-a-adelgazar-por-fran-gomez-adestrador-persoal-e-nutricionista-deportivo-2-2\/"},"modified":"2012-09-18T00:00:00","modified_gmt":"2012-09-17T22:00:00","slug":"espellino-maxico-axudame-a-adelgazar-por-fran-gomez-adestrador-persoal-e-nutricionista-deportivo-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2012\/09\/18\/espellino-maxico-axudame-a-adelgazar-por-fran-gomez-adestrador-persoal-e-nutricionista-deportivo-2\/","title":{"rendered":"\u00abEspelli\u00f1o m\u00e1xico\u2026 \u00a1ax\u00fadame a adelgazar!\u00bb. Por Fran G\u00f3mez, adestrador persoal e nutricionista deportivo"},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/mullerfronteespello.jpg\">Hai tempo que sabemos que obesidade e hormonas est\u00e1n moi vencelladas. Un dep\u00f3sito de graxa concreto (barriga, n\u00e1degas, costas\u2026) desenv\u00f3lvese moitas veces ao calor dun problema hormonal particular. Por iso, po\u00f1ernos diante dun espello e dedicar uns minutos a observar o noso corpo p\u00f3denos axudar a descubrir que tipo de sobrepeso nos afecta e con qu\u00e9 armas podemos atallalo.<\/p>\n<p>-Obesidade alta: a graxa ten un aspecto duro e compacto, e se nos amorea na parte alta do corpo, desde as costas e a caluga, ata a cara e o t\u00f3rax. Venc\u00e9llase a desarreglos no cortisol plasm\u00e1tico. Subimos de peso s\u00f3 cando nos sobrealimentamos as\u00ed que o m\u00e1is axeitado \u00e9 facer unha disminuci\u00f3n de calor\u00edas na nosa dieta, de xeito paulatino, sen baixar m\u00e1is de 500 calor\u00edas dunha vez, e repart\u00edndoas entre hidratos, prote\u00ednas e graxas. Debemos seguir unha rutina de exercizos aer\u00f3bicos e mellorar o efecto con cavitaci\u00f3n.<\/p>\n<p>-Obesidade abdominal: temos a t\u00edpica \u201cbarriga de cervexa\u201d masculina: dura e compacta, coas pernas e os brazos delgados. Tam\u00e9n podemos notar que adoitamos sentir calor e que despois de comer nos d\u00e1 o sono. V\u00e9n causada moitas veces por hiperinsulinismos xa que nos excedemos coa pasta, o pan, a propia cervexa ou os doces. Na muller, este tipo de gordura tam\u00e9n se relaciona coa chamada \u201cobesidade nerviosa\u201d: quen a padece colle m\u00e1is peso en momentos de ansiedade ou en fases depresivas. C\u00f3mpre reducir a inxesta de carbohidratos complexos e buscar outros alimentos de menor \u00edndice glic\u00e9mico. A fibra pode ser un bo aliado. A obesidade nesta zona responde moi ben \u00f3s exercizos aer\u00f3bicos combinados con plataforma vibratoria, cavitaci\u00f3n e vacumterapia.<\/p>\n<p>-Obesidade baixa: acumulamos a graxa en cadeiras, n\u00e1degas, pernas e tam\u00e9n en brazos. Non mellora deixando de comer, porque adelgaza o resto do corpo pero a gordura segue instalada nesas zonas dif\u00edciles. \u00c9 a t\u00edpica obesidade que lles afecta \u00e1s mulleres xa que son as hormonas femininas, os estr\u00f3xenos e a proxesterona, as que contrib\u00faen \u00e1 que non se consuma axeitadamente a graxa. Se temos este tipo de distribuci\u00f3n de graxa pasar fame non solucionar\u00e1 o  problema e ata pode ser peor, xa que co xax\u00fan o noso metabolismo acabar\u00e1 ralentiz\u00e1ndose. Se o que temos m\u00e1is prominente son os gl\u00fateos e cadeiras o mellor \u00e9 o exercizo anaer\u00f3bico: carreiras de velocidade, adestramento por intervalos ou pesas. Se o noso problema son as pernas \u201cde columna\u201d temos que combinar exercizo con productos e masaxes que melloren a circulaci\u00f3n.  En ambos casos se millora con cavitaci\u00f3n, plataforma vibratoria, presoterapia ou drenaxes linf\u00e1ticas.<\/p>\n<p>-Sobrepeso de sedentarismo: s\u00f3brannos s\u00f3 tres ou catro quilos, e acumul\u00e1molos nos flancos, a xeito de michel\u00edns. Basta con aumentar a nosa actividade f\u00edsica e reducir paulatinamente o consumo excesivo de hidratos que adoita estar detr\u00e1s desta lixeira gordura. Acurtaremos o proceso, e conseguiremos m\u00e1is firmeza, engadindo cavitaci\u00f3n e vacumterapia.<\/p>\n<p>Hai moito que puntualizar pero, de xeito resumido, esta clasificaci\u00f3n p\u00f3denos axudar a planificar a nosa perda de peso, enfront\u00e1ndonos ao que non nos gusta de n\u00f3s mesmos repetindo aquilo de \u201cespelli\u00f1o, espelli\u00f1o m\u00e1xico\u2026\u201d   <\/p>\n<p>Por Fran G\u00f3mez,<br \/>\nAdestrador persoal e Nutricionista deportivo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai tempo que sabemos que obesidade e hormonas est\u00e1n moi vencelladas. Un dep\u00f3sito de graxa concreto (barriga, n\u00e1degas, costas\u2026) desenv\u00f3lvese moitas veces ao calor dun problema hormonal particular. Por iso, po\u00f1ernos diante dun espello e dedicar uns minutos a observar o noso corpo p\u00f3denos axudar a descubrir que tipo de sobrepeso nos afecta e con&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10080"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10080"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10080\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10080"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10080"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10080"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}