{"id":10143,"date":"2011-11-26T00:00:00","date_gmt":"2011-11-25T23:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2011\/11\/26\/cantajuego-trae-en-novembro-ao-multiusos-fontes-do-sar-o-seu-ultimo-espectaculo-del-1-al-7-2-2\/"},"modified":"2014-04-03T13:53:04","modified_gmt":"2014-04-03T11:53:04","slug":"cantajuego-trae-en-novembro-ao-multiusos-fontes-do-sar-o-seu-ultimo-espectaculo-del-1-al-7-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2011\/11\/26\/cantajuego-trae-en-novembro-ao-multiusos-fontes-do-sar-o-seu-ultimo-espectaculo-del-1-al-7-2\/","title":{"rendered":"CANTAJUEGO trae en novembro ao Multiusos Fontes do Sar o seu \u00faltimo espect\u00e1culo, \u201cDel 1 al 7\u201d."},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2011\/11\/CANTAJUEGOweb.jpg\">O Grupo Encanto volve ao Multiusos Fontes do Sar para facer gozar coas s\u00faas m\u00fasicas e coreograf\u00edas aos nenos e nenas de Compostela, desta volta co seu novo show \u201cDel 1 al 7\u201d. O espect\u00e1culo estar\u00e1 en Santiago o s\u00e1bado 26 de novembro, \u00e1s 18:30h, grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n da Concellar\u00eda de Educaci\u00f3n do Concello de Santiago. Cantajuego logrou esgotar as localidades nas s\u00faas d\u00faas anteriores visitas ao recinto compostel\u00e1n, con case 5.000 persoas en cada funci\u00f3n vendo en directo o exitoso formato creado polo arxentino Pedro Zaidman. As entradas p\u00f3dense mercar a trav\u00e9s das canles de ticketing de Novagalicia Banco (902 43 44 43; <a href=\"http:\/\/entradas.novacaixagalicia.es\/portal\/site\/WVIO007\/Inicio\" target=\"_blank\">www.novacaixagalicia.es<\/a>) a un prezo de entre 17\u20ac e 28\u20ac dependendo da ubicaci\u00f3n da butaca.<\/p>\n<p><strong>Un proxecto pedag\u00f3xico de \u00e9xito<\/strong><br \/>\nCantaJuego converteuse nos \u00faltimos anos nunha das propostas musicais e did\u00e1cticas preferidas polos nenos e pais. Tr\u00e1tase dun proxecto pedag\u00f3xico e musical en formato audiovisual, desenvolvido por especialistas na estimulaci\u00f3n psicomotriz e o traballo psicopedag\u00f3xico. Especialmente orientado aos nenos e nenas de 0 a 6 anos, \u201cCantajuego\u201d prop\u00f3n empregar a m\u00fasica e o movemento para po\u00f1er en funcionamento a imaxinaci\u00f3n e a fantas\u00eda e, en definitiva, para axudar a desenvolver a psicomotricidade, potenciar o mundo afectivo e as relaci\u00f3ns sociais. <\/p>\n<p><strong>Espect\u00e1culo \u201cDel 1 al 7\u201d<\/strong><br \/>\nCantaJuego presenta nesta ocasi\u00f3n \u201cDel 1 al 7\u201d, o seu novo espect\u00e1culo no que conviven as canci\u00f3ns do seu novo DVD, e os \u00e9xitos dos seus seis traballos anteriores. Son 90 minutos de diversi\u00f3n en familia, co artista infantil m\u00e1is exitoso das \u00faltimas d\u00e9cadas. Neste show o Grupo Encanto planifica as s\u00faas vacaci\u00f3ns na granxa do seu amigo o Burro Pepe: xogos, canci\u00f3ns e adivi\u00f1anzas ser\u00e1n a clave para que \u201cos CantaJuegos\u201d e os seus simp\u00e1ticos compa\u00f1eiros de aventuras, \u201cBuby la Ardilla Cotilla\u201d, a \u201cVaca lechera\u201d, o \u201cSapo Pepe\u201d e a \u201cRana Juana\u201d, o infaltable \u201cCoco\u201d e moitos m\u00e1is, se organicen para viaxar \u00e1 granxa e pasar as\u00ed unhas divertidas vacaci\u00f3ns, cheas de ritmo e alegr\u00eda.<\/p>\n<p><strong>Cantajuego xuntou a case 10.000 persoas nas d\u00faas actuaci\u00f3ns anteriores no Multiusos<\/strong><br \/>\nEn total, preto de 10.000 persoas asistiron nas d\u00faas visitas que realizou o Grupo Encanto ao Multiusos Fontes do Sar, os d\u00edas 4 de xaneiro e 12 de decembro de 2010. A m\u00fasica e os movementos das s\u00faas canci\u00f3ns m\u00e1is co\u00f1ecidas (\u201cTallar\u00edn\u201d, \u201cLa taza\u201d, \u201cEl cocodrilo\u201d\u2026) e os m\u00faltiples villancicos que cantaron e coreografiaron, fixeron que os nenos e os pais o pasaran en grande. Unha sensaci\u00f3n que se agarda repetir con este novo espect\u00e1culo o d\u00eda 26 de novembro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Grupo Encanto volve ao Multiusos Fontes do Sar para facer gozar coas s\u00faas m\u00fasicas e coreograf\u00edas aos nenos e nenas de Compostela, desta volta co seu novo show \u201cDel 1 al 7\u201d. O espect\u00e1culo estar\u00e1 en Santiago o s\u00e1bado 26 de novembro, \u00e1s 18:30h, grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n da Concellar\u00eda de Educaci\u00f3n do Concello de&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[15],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10143"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10143"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10143\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10650,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10143\/revisions\/10650"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10143"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10143"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10143"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}