{"id":10168,"date":"2011-05-12T00:00:00","date_gmt":"2011-05-11T22:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2011\/05\/12\/por-que-paga-a-pena-contratar-os-servizos-dun-adestrador-persoal-por-fran-gomez-2-2\/"},"modified":"2011-05-12T00:00:00","modified_gmt":"2011-05-11T22:00:00","slug":"por-que-paga-a-pena-contratar-os-servizos-dun-adestrador-persoal-por-fran-gomez-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2011\/05\/12\/por-que-paga-a-pena-contratar-os-servizos-dun-adestrador-persoal-por-fran-gomez-2\/","title":{"rendered":"\u00abPor que paga a pena contratar os servizos dun adestrador persoal\u00bb. Por Fran G\u00f3mez"},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2011\/05\/adestradorpersoalWEB.jpg\">Vivimos unha etapa de constantes cambios, na que se pode apreciar unha evoluci\u00f3n moi r\u00e1pida nos campos da sa\u00fade e do fitness. O que antes eran simples \u00abximnasios\u00bb hoxe denom\u00ed\u00adnanse \u00abclubes\u00bb ou, incluso, \u00abcentros de sa\u00fade\u00bb, e existe na maior parte destes centros unha nova orientaci\u00f3n cara o concepto do Wellness &#038; Fitness.  Esta mesma demanda social favoreceu nos \u00faltimos anos a figura do adestrador persoal, un profesional capaz de realizar funci\u00f3ns de valoraci\u00f3n, dese\u00f1o de programas e planificaci\u00f3n do adestramento individualizado, integrando amais h\u00e1bitos de vida saudable.<br \/>\nOs seus servizos xa non son tan s\u00f3 para persoas adi\u00f1eiradas, famosos ou atletas de alto nivel. Na segunda d\u00e9cada do s\u00e9culo XXI os adestradores persoais traballan, sobre todo, con cidad\u00e1ns de nivel econ\u00f3mico medio, que valoran a s\u00faa sa\u00fade e destinan unha parte dos seus ingresos a coidar o seu corpo e manterse activos, sexa no seu propio domicilio, no ximnasio ou ao aire libre.<\/p>\n<p><strong>A axuda necesaria<\/strong><br \/>\nAs metas que un cliente se imp\u00f3n cando decide \u00abinvertir\u00bb nun adestrador persoal adoitan ser bastante semellantes. En primeiro lugar, polo menos inicialmente, unha porcentaxe moi elevada busca baixar de peso e mellorar o seu aspecto externo. A historia \u00e9 com\u00fan: persoas que moitas veces se puxeron a dieta ou tentaron conseguir unha forma f\u00ed\u00adsica \u00f3ptima e non o conseguiron. O fracaso \u00e9 habitual porque, en realidade, a tarefa non \u00e9 doada. Hai moitos factores a ter en conta e todos xogan un papel crucial no resultado final.<br \/>\nA\u00ed\u00ad \u00e9 onde precisamos a axuda dun adestrador persoal, que saber\u00e1 perfectamente como sacar o m\u00e1ximo rendemento ao noso f\u00ed\u00adsico e ensinaranos a adestrar dun xeito adecuado \u00e1s nosas posibilidades, conseguindo resultados dun xeito m\u00e1is efectivo, e en menos tempo. Non vale iso a pena?<\/p>\n<p><strong>Cuesti\u00f3n de tempo<\/strong><br \/>\nNa sociedade moderna os prazos son fundamentais. O cidad\u00e1n medio est\u00e1 disposto, en efecto, a \u00abrascar o peto\u00bb para contratar un adestrador pero pide a cambio resultados, e quere velos r\u00e1pido. O adestrador persoal non pode deixarse arrastrar nunha carreira contrarreloxo extrema, pero \u00e9 evidente que sabe que gran parte do \u00e9xito pasa por conseguir que o cliente se vexa ben nun prazo curto.<br \/>\nA segunda gran batalla, a que m\u00e1is importa ao verdadeiro profesional, est\u00e1 en conseguir que eses resultados se extendan no tempo, que a persoa que o contratou non vexa s\u00f3 melloras na b\u00e1scula sen\u00f3n tam\u00e9n no seu estado de sa\u00fade, no seu metabolismo, na s\u00faa psique incluso. O adestrador persoal conv\u00e9rtese, as\u00ed\u00ad, nalgo m\u00e1is ca nun \u00abcontador de abdominais\u00bb, ou nese ogro ao que temer se na pesada semanal se descubre que te pasaches cos doces e non baixaches nin un gramo. Un bo adestrador pon todos os seus co\u00f1ecementos ao servizo do cliente, conseguindo motivar ao adestrado, facer que siga mellorando, po\u00f1endo o seu corpo en forma, desfrutando do deporte e descubrindo unha nova fonte de sa\u00fade que lle acompa\u00f1ar\u00e1 sempre. <\/p>\n<p><strong>Un anxo da garda<\/strong><br \/>\nPoucas persoas que non sexan deportistas se queixan dos meniscos, de roturas fibrilares ou de lesi\u00f3ns de c\u00f3bado. O deporte ten m\u00faltiples vantaxes pero tam\u00e9n alg\u00fan pequeno inconvinte. Adestrar cun entrenador persoal axuda a minimizar estes riscos, evit\u00e1ndonos problemas por adestramentos mal planificados ou executados, e no caso dos nutricionistas deportivos, alonxando tam\u00e9n a pantasma das dietas inadecuadas.<br \/>\nUn bo adestrador persoal gu\u00ed\u00ada ao seu cliente adapt\u00e1ndose a el, indagando nas s\u00faas pretensi\u00f3ns para axudarlle a establecer obxectivos realistas e saudables, creando rutinas adecuadas para a s\u00faa idade, evitando lesi\u00f3ns en grupos de risco especial (como roturas por osteoporose en mulleres menop\u00e1usicas) e dese\u00f1ando programas de entreno que o interesado poida realizar nos horarios que m\u00e1is lle conve\u00f1an.<\/p>\n<p><strong>Busque, compare&#8230; e atope o seu adestrador ideal<\/strong><br \/>\nCada vez m\u00e1is profesionais do fitness e licenciados en Ciencias do Deporte e a Educaci\u00f3n F\u00ed\u00adsica deciden explorar profesionalmente a sa\u00fa\u00adda do adestramento persoal. Para os futuros clientes, en moitos casos, solicitar os seus servizos supor\u00e1 unha inversi\u00f3n importante, e precisan saber que a s\u00faa elecci\u00f3n ser\u00e1 a correcta. Un bo comenzo ser\u00eda plantexar se ese adestrador cumpre con determinados requisitos.<br \/>\nOs m\u00e1is importantes son, na mi\u00f1a opini\u00f3n, que conte cunha experiencia demostrada e a titulaci\u00f3n adecuada. Amais, p\u00f3denos axudar a percibir a s\u00faa profesionalidade o ver nel seriedade, educaci\u00f3n, puntualidade e bo nivel cultural.<\/p>\n<p><strong>Podo ou non permitirme un adestrador?<\/strong><br \/>\nA pregunta deber\u00ed\u00ada ser \u00bfnecesito un adestrador? Se a respuesta \u00e9 \u00abs\u00ed\u00bb, porque as\u00ed\u00ad mellorarei a mi\u00f1a sa\u00fade e o meu aspecto, o normal \u00e9 que iso supo\u00f1a, amais, un \u00abs\u00ed\u00bb \u00e1 outra cuesti\u00f3n. Se preciso un adestrador debo gastarme niso algo de cartos, antes que en bolsos, vi\u00f1os, ou tel\u00e9fono m\u00f3bil, por po\u00f1er exemplos de gasto coti\u00e1. Un adestrador non \u00e9 sin\u00f3nimo de luxo nin de dispendio. Axustaremos o seu coste segundo as sesi\u00f3ns que contratemos, ou evitando ter que pagarlle desprazamentos ao noso domicilio concertando citas en ximnasios ou centros cos que o adestrador traballe. Tam\u00e9n podemos compartir adestramento coa nosa parella ou un bo amigo, opci\u00f3ns para as que adoita haber ofertas con certo desconto nas tarifas.<br \/>\nSe imos moi axustados tampouco temos por que renunciar por completo aos beneficios dun adestrador persoal. En vez de pagar para que nos acompa\u00f1e en cada adestramento podemos comprar varios bonos e \u00abexprimilos\u00bb, tomando boa nota e aprendendo todo o posible en cada clase. Se pagamos un adestrador para que nos dea catro ou cinco clases maxistrais de como usar un puls\u00f3metro, como empregar as m\u00e1quinas de peso do ximnasio, ou como facer un circuito de cardio, podemos avanzar moito na nosa forma de facer exercicio f\u00edsico e conseguir mellores resultados.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vivimos unha etapa de constantes cambios, na que se pode apreciar unha evoluci\u00f3n moi r\u00e1pida nos campos da sa\u00fade e do fitness. O que antes eran simples \u00abximnasios\u00bb hoxe denom\u00ed\u00adnanse \u00abclubes\u00bb ou, incluso, \u00abcentros de sa\u00fade\u00bb, e existe na maior parte destes centros unha nova orientaci\u00f3n cara o concepto do Wellness &#038; Fitness. Esta mesma&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10168"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10168"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10168\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10168"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10168"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10168"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}