{"id":10194,"date":"2010-12-13T00:00:00","date_gmt":"2010-12-12T23:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2010\/12\/13\/artigo-light-contact-unha-actividade-para-descargar-adrenalina-por-juancho-vazquez-instructor-2-2\/"},"modified":"2010-12-13T00:00:00","modified_gmt":"2010-12-12T23:00:00","slug":"artigo-light-contact-unha-actividade-para-descargar-adrenalina-por-juancho-vazquez-instructor-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2010\/12\/13\/artigo-light-contact-unha-actividade-para-descargar-adrenalina-por-juancho-vazquez-instructor-2\/","title":{"rendered":"ARTIGO. Light-Contact, unha actividade para descargar adrenalina. Por Juancho V\u00e1zquez, instructor"},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2010\/12\/lightcontactweb.jpg\">Light-Contact \u00e9 unha actividade de contacto que axuda a descargar adrenalina e a ga\u00f1ar en forza, resistencia e flexibilidade. Con este adestramento o usuario aprende a defenderse, sen que isto conleve ning\u00fan risco para a s\u00faa sa\u00fade. No Multiusos Fontes do Sar progr\u00e1manse d\u00faas clases \u00e1 semana, e no Complexo Deportivo Santa Isabel ofr\u00e9cese unha sesi\u00f3n.<br \/>\n<strong>Que \u00e9 o Light-Contact?<\/strong><br \/>\n\u00c9 unha modalidade do Kick Boxing cuia base \u00e9 a aprendizaxe e aplicaci\u00f3n pr\u00e1ctica das t\u00e9cnicas de combate. Tr\u00e1tase dunha modalidade moi espectacular en competici\u00f3n, debido ao traballo dos pu\u00f1os de boxeo ingl\u00e9s e \u00e1s patadas das artes marciais. \u00c9 unha sesi\u00f3n moi din\u00e1mica, de movemento constante, que nos aporta unha gran resistencia f\u00edsica e que nos axuda a mellorar a nosa condici\u00f3n f\u00edsica.<br \/>\n<strong>\u00c9 apta para todos os p\u00fablicos?<\/strong><br \/>\nEsta clase est\u00e1 orientada a calquera usuario maior de 18 anos, sen que importe a s\u00faa condici\u00f3n f\u00edsica. O instructor gu\u00eda \u00e1 persoa para que realice os movementos correctamente e con precisi\u00f3n, para que non resulte en absoluto agresivo, e para que o usuario se adapte \u00e1 clase en funci\u00f3n da s\u00faa condici\u00f3n. Amais, \u00e9 unha clase moi din\u00e1mica na que o adestramento se entende como un momento de aprendizaxe e diversi\u00f3n.<br \/>\n<strong>Unha actividade estimulante.<\/strong><br \/>\nTanto no traballo individual no seo da clase coma en parellas e cos aparellos (puching-ball, saco, combas, paos, etc), a actividade resulta estimulante para todos os asistentes. Pouco a pouco, de xeito progresivo, notar\u00e1n como adquiren habilidades nesta disciplina e como conseguen unha notable mellor\u00eda f\u00edsica nun curto espazo de tempo.<br \/>\n<strong>Que beneficios se obte\u00f1en coa asistencia regular a esta clase?<\/strong><br \/>\nEst\u00e1 demostrado que os deportes de combate descargan m\u00e1is adrenalina que calquera outro deporte. Esto d\u00e9bese en grande medida a que conlevan unha intensa actividade f\u00edsica, e \u00e1 utilizaci\u00f3n de elementos que axudan a descargar enerx\u00eda negativa: traballo de saco, puching ball, paos, manoplas\u2026 Amais de conseguir un maior desenvolvemento f\u00edsico e t\u00e9cnico coa asistencia regular a esta sesi\u00f3n, o practicante de Light-Contact adquire co\u00f1ecementos de defensa personal, o cal lle axuda a aumentar a seguridade en s\u00ed mesmo e a s\u00faa autoestima.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Light-Contact \u00e9 unha actividade de contacto que axuda a descargar adrenalina e a ga\u00f1ar en forza, resistencia e flexibilidade. Con este adestramento o usuario aprende a defenderse, sen que isto conleve ning\u00fan risco para a s\u00faa sa\u00fade. No Multiusos Fontes do Sar progr\u00e1manse d\u00faas clases \u00e1 semana, e no Complexo Deportivo Santa Isabel ofr\u00e9cese unha&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10194"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10194"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10194\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10194"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10194"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10194"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}