{"id":10211,"date":"2010-07-28T00:00:00","date_gmt":"2010-07-27T22:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2010\/07\/28\/preto-de-9-000-persoas-gozaron-do-directo-de-mark-knopfler-2-2\/"},"modified":"2010-07-28T00:00:00","modified_gmt":"2010-07-27T22:00:00","slug":"preto-de-9-000-persoas-gozaron-do-directo-de-mark-knopfler-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2010\/07\/28\/preto-de-9-000-persoas-gozaron-do-directo-de-mark-knopfler-2\/","title":{"rendered":"Preto de 9.000 persoas gozaron do directo de Mark Knopfler"},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2010\/07\/Knopflerweb.gif\">Mark Knopfler fixo parada en Santiago de Compostela para presentar ante o p\u00fablico galego o seu novo traballo, \u201cGet Lucky\u201d, e para regalar aos seus seguidores varios dos seus temas m\u00e1is sonados. Alma mater de Dire Straits, o artista escoc\u00e9s subiu ao escenario do Multiusos Fontes do Sar pasadas as dez da noite e deleitou aos preto de 9.000 asistentes con case d\u00faas horas de intensa actuaci\u00f3n.<br \/>\nO escoc\u00e9s estivo rodeado no seu directo por Guy Fletcher (teclados), Danny Cummings (bater\u00eda), Richard Bennett (guitarra), Glenn Worf (baixo), Matt Rollings (teclados) John McCusker (viol\u00edn) e Mike McGoldrick (flauta). Os momentos m\u00e1is \u00e1lxidos do concerto chegaron cando Knopfler deixou caer varios dos temas que o catapultaron ao \u00e9xito ao bordo dos Dire Straits, como\u2018Romeo and Juliet\u2019, \u2018So Far Away\u2019, \u2018Brothers in Arms\u2019, e \u2018Sultans of Swing\u2019. As canci\u00f3ns asinadas durante o seu percorrido en solitario tam\u00e9n acadaron a admiraci\u00f3n do p\u00fablico, con canci\u00f3ns coma a que deu comezo ao concerto, \u00abBorder Reiver\u00bb, \u00abWhat it is\u00bb, \u00abDone with Bonaparte\u00bb, \u00abCoyote\u00bb ou \u00abMarbletown\u00bb.<br \/>\nO concerto, patrocinado por Xacobeo 2010, enm\u00e1rcase dentro da xira \u201cGet Lucky Tour\u201d que o artista est\u00e1 a desenvolver durante os meses de ver\u00e1n, con sesenta concertos en m\u00e1is de vinte pa\u00edses europeos. As once canci\u00f3ns do \u00e1lbum que presenta son unha exploraci\u00f3n das ra\u00edces musicais de toda unha vida, abordadas cunha extraordinaria combinaci\u00f3n do folk e o blues coa s\u00faa orixinal forma de composici\u00f3n, con ingredientes brit\u00e1nicos personalizados e unhas letras froito da observaci\u00f3n m\u00e1is v\u00edvida. Ga\u00f1ador de varios Grammy ao fronte de Dire Straits, vendeu mill\u00f3ns de discos en todo o mundo, colleitou \u00e9xitos con temas como \u00abMoney Is For Nothing\u00bb, \u00abSultans of Swing\u00bb ou \u00abRomeo and Juliet\u00bb, e foi capaz de crear un son \u00fanico que marcou unha parte da historia da m\u00fasica universal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mark Knopfler fixo parada en Santiago de Compostela para presentar ante o p\u00fablico galego o seu novo traballo, \u201cGet Lucky\u201d, e para regalar aos seus seguidores varios dos seus temas m\u00e1is sonados. Alma mater de Dire Straits, o artista escoc\u00e9s subiu ao escenario do Multiusos Fontes do Sar pasadas as dez da noite e deleitou&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10211"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10211"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10211\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10211"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10211"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10211"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}