{"id":10223,"date":"2010-05-03T00:00:00","date_gmt":"2010-05-02T22:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2010\/05\/03\/esta-semana-incorporase-a-oferta-de-actividades-do-multiusos-fontes-do-sar-o-ioga-en-parellas-2-2\/"},"modified":"2010-05-03T00:00:00","modified_gmt":"2010-05-02T22:00:00","slug":"esta-semana-incorporase-a-oferta-de-actividades-do-multiusos-fontes-do-sar-o-ioga-en-parellas-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2010\/05\/03\/esta-semana-incorporase-a-oferta-de-actividades-do-multiusos-fontes-do-sar-o-ioga-en-parellas-2\/","title":{"rendered":"Esta semana incorp\u00f3rase \u00e1 oferta de actividades do Multiusos Fontes do Sar o Ioga en parellas"},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2010\/05\/SatNamRasayan.gif\"><strong>Practica Ioga en parella.<\/strong> Esta semana incorp\u00f3rase ao abano de actividades dirixidas do Multiusos Fontes do Sar o Ioga en parellas. Nesta clase os asistentes ter\u00e1n a oportunidade de establecer unha relaci\u00f3n interdependente e poder\u00e1n beneficiarse das numerosas vantaxes que conleva esta pr\u00e1ctica coa colaboraci\u00f3n dun compa\u00f1eiro. A trav\u00e9s de diversas posturas realizaranse estiramentos, estimularase o equilibrio, a respiraci\u00f3n, a comunicaci\u00f3n e a autoconfianza.<\/p>\n<p><strong>Unha disciplina que favorece a vitalidade e a motivaci\u00f3n do usuario.<\/strong> As posturas de estiramento consciente, a amplitude respiratoria e as t\u00e9cnicas de relaxaci\u00f3n caracter\u00edsticas do Ioga, dotan ao noso corpo de maior flexibilidade, vitalidade e equilibrio interior. Se esta actividade se leva a cabo en parella, a todos estes beneficios se engaden os derivados do contacto corporal, positivos para a nosa afectividade. A actividade favorece as relaci\u00f3ns cos compa\u00f1eiros\/as e o respecto aos demais. <\/p>\n<p><strong>Unha pr\u00e1ctica que radica no Hatha Ioga.<\/strong> O Ioga en parella enm\u00e1rcase na modalidade do \u00abhatha yoga\u00bb ou ioga f\u00edsico que consta de asanas (posturas corporais de estiramento) exercicios respiratorios e t\u00e9cnicas de relaxaci\u00f3n consciente. A finalidade deste tipo de ioga \u00e9 a liberaci\u00f3n e o equilibrio da enerx\u00eda do noso corpo a trav\u00e9s das posturas corporais de estiramento. O ioga en parella bas\u00e9ase en posturas do denominado hatha yoga realizadas por d\u00faas persoas que realizan a mesma asana ou asanas que se complementan. Ao realizalas prod\u00facese unha transmisi\u00f3n de enerx\u00eda entre os dous coma se dunha reacci\u00f3n qu\u00edmica se tratara. <\/p>\n<p><strong>Principios para a correcta execuci\u00f3n.<\/strong> D\u00e9bese manter unha respiraci\u00f3n repousada, pois parte da enerx\u00eda que penetra no corpo faino a trav\u00e9s da respiraci\u00f3n lenta e tranquila, por tanto en cada asana tense que procurar respirar con normalidade, lentamente. Tentarase manter o corpo relaxado, aprender a ter control para sentir que partes se est\u00e1n a traballar. Cada un debe chegar ata onde o seu corpo lle pide, sen competici\u00f3n, adquirir a postura e gozar das boas sensaci\u00f3ns. Buscarase a m\u00e1xima concentraci\u00f3n para aproveitar todos os beneficios derivados da actividade. <\/p>\n<p><strong>O Ioga en parellas mellora o autoco\u00f1ecemento e a confianza nos demais.<\/strong> A asistencia regular a clases de Ioga en parella conleva numerosos beneficios. Entre outros, dimin\u00fae a fatiga, aumenta a capacidade respiratoria, aumenta a enerx\u00eda, favorece a comunicaci\u00f3n e a cooperaci\u00f3n entre os alumnos, incrementa a confianza nos demais, mellora a forza e a flexibilidade, axuda \u00e1 relaxaci\u00f3n, mellora a circulaci\u00f3n, favorece a desinhibici\u00f3n&#8230; O feito hecho de que na actividade exista un contacto persoal permite o desenvolvemento afectivo e o equilibrio emocional da persoa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Practica Ioga en parella. Esta semana incorp\u00f3rase ao abano de actividades dirixidas do Multiusos Fontes do Sar o Ioga en parellas. Nesta clase os asistentes ter\u00e1n a oportunidade de establecer unha relaci\u00f3n interdependente e poder\u00e1n beneficiarse das numerosas vantaxes que conleva esta pr\u00e1ctica coa colaboraci\u00f3n dun compa\u00f1eiro. A trav\u00e9s de diversas posturas realizaranse estiramentos, estimularase&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10223"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10223"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10223\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10223"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10223"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10223"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}