{"id":10229,"date":"2010-03-16T00:00:00","date_gmt":"2010-03-15T23:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2010\/03\/16\/artigo-o-exercicio-fisico-e-a-densidade-mineral-osea-dr-jose-r-caeiro-2-2\/"},"modified":"2010-03-16T00:00:00","modified_gmt":"2010-03-15T23:00:00","slug":"artigo-o-exercicio-fisico-e-a-densidade-mineral-osea-dr-jose-r-caeiro-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2010\/03\/16\/artigo-o-exercicio-fisico-e-a-densidade-mineral-osea-dr-jose-r-caeiro-2\/","title":{"rendered":"ARTIGO. \u00abO exercicio f\u00edsico e a densidade mineral \u00f3sea\u00bb. Dr. Jos\u00e9 R. Caeiro."},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2010\/03\/Ioga.gif\"><strong>Dr. Jos\u00e9 R. Caeiro Rey, Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela<\/strong><\/p>\n<p>A osteoporose e e as s\u00faas consecuencias, as fracturas osteopor\u00f3ticas, supo\u00f1en hoxe en d\u00eda unha alta porcentaxe do volume total de pacientes atendidos nos servizos de Cirurx\u00eda Ortop\u00e9dica e Traumatolox\u00eda de toda Galicia. A\u00ednda que todav\u00eda non se ten unha aproximaci\u00f3n exacta do n\u00famero total deste tipo de fracturas, est\u00edmase que se producen ao mes na nosa Comunidade unhas 350 fracturas osteopor\u00f3ticas con significaci\u00f3n cl\u00ednica entre as mulleres e homes maiores de cincuenta anos, o que sup\u00f3n m\u00e1is de 4000 fracturas desta natureza ao ano.<\/p>\n<p><strong>Factores de riesgo.<\/strong> En xeral, o sexo feminino, a idade avanzada, o baixo peso corporal, o tabaquismo, a toma de tres ou m\u00e1is doses de alcol ao d\u00eda, a menopausia precoz, a artrite reumatoidea, o tratamento con glucocorticoides, a baixa densidade mineral \u00f3sea, a presencia dunha fractura por fraxilidade previa e os antecedentes paternos ou maternos de fractura de cadeira son alg\u00fans dos factores de risco m\u00e1is importantes de fractura osteopor\u00f3tica. <\/p>\n<p><strong>Recomendaci\u00f3ns aos pacientes.<\/strong> De xeito xeral en todos aqueles pacientes con risco de fractura osteopor\u00f3tica recom\u00e9ndase una dieta equilibrada, cun aporte suficiente de calcio e de vitamina D; suprimir o tabaco e o consumo excesivo de alcol; realizar programas de exercicio f\u00edsico aer\u00f3bico con carga de peso, adecuados ao estado f\u00edsico do paciente e destinados a disminuir a perda de masa \u00f3sea e a mellorar a funci\u00f3n neuromuscular. Tam\u00e9n se aconsella previr as ca\u00eddas, eliminando os obst\u00e1culos f\u00edsicos que poidan favorecelas (boa iluminaci\u00f3n, pavimentos antideslizantes, eliminar alfombras, evitar solos mollados, etc), corrixindo os d\u00e9ficits sensoriais do paciente (graduaci\u00f3n da vista, audici\u00f3n, etc.) e disminu\u00edndo no posible os f\u00e1rmacos con efectos negativos sobre o tono muscular ou a vixilia. Recom\u00e9ndase ao paciente po\u00f1erse en contacto co seu m\u00e9dico de atenci\u00f3n primaria ou especialista, para evaluar a densidade mineral \u00f3sea e o risco absoluto de fractura aos 10 anos, establecendo segundo isto as medidas farmacol\u00f3xicas e non farmacol\u00f3xicas precisas para disminu\u00edr este risco. <\/p>\n<p><strong>O exercicio f\u00edsico axuda a previr e a tratar a osteoporose.<\/strong> O exercicio f\u00edsico, imprescindible durante a infancia e a adolescencia para acadar o m\u00e1ximo pico de masa \u00f3sea, resulta tam\u00e9n de gran importancia para previr a perda de masa \u00f3sea e para mellorar os par\u00e1metros estructurais \u00f3seos nas mulleres postmenop\u00e1usicas e nas persoas maiores. Amais, o exercicio f\u00edsico mellora o tono e a forza muscular, a coordinaci\u00f3n motora e o equilibrio (est\u00e1tico e din\u00e1mico), disminu\u00edndo as\u00ed o risco de ca\u00eddas e por tanto o de fracturas, especialmente o de fractura de cadeira. Por todos estes motivos resulta especialmente importante aconsellar a inclusi\u00f3n das mulleres postmenop\u00e1usicas e das persoas maiores en programas de prevenci\u00f3n e tratamento da osteoporose a trav\u00e9s da actividade f\u00edsica. <\/p>\n<p><strong>\u00c9 aconsellable realizar actividades aer\u00f3bicas de intensidade leve ou moderada.<\/strong> Neste tipo de programas ad\u00f3itanse recomendar os exercicios aer\u00f3bicos con carga de peso e impacto de intensidade leve ou moderada como caminar, carreira suave, baile de sal\u00f3n, tai-chi, etc., debendo evitarse os exercicios de alto impacto e de flexi\u00f3n de tronco, polo risco de provocar fracturas vertebrais. Caminar adoita resultar apropiado para a maior\u00eda das persoas maiores sanas, xa que aos beneficios cardiovasculares e \u00f3seos deste tipo de exercicio ten que sumarse o beneficio adicional da mellora no rendemento nunha das m\u00e1is importantes actividades da vida diaria. <\/p>\n<p><strong>Recom\u00e9ndase facer exercicio f\u00edsico polo menos tres veces por semana.<\/strong> Os h\u00e1bitos de exercicio deben ser constantes e realizarse polo menos durante 20 minutos tres veces por semana, xa que se sabe que os efectos beneficiosos do mesmo desaparecen se se deixa de facer. A pr\u00e1ctica de exercicio f\u00edsico resulta por tanto altamente beneficiosa non s\u00f3 como m\u00e9todo de prevenci\u00f3n da fractura osteopor\u00f3tica sen\u00f3n como parte do tratamento rehabilitador integral dos pacientes que sufriron unha fractura por fraxilidade, en especial unha fractura de cadeira, contribu\u00edndo neste tipo de pacientes a mellorar a s\u00faa autosuficiencia e a s\u00faa calidade de vida.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dr. Jos\u00e9 R. Caeiro Rey, Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela A osteoporose e e as s\u00faas consecuencias, as fracturas osteopor\u00f3ticas, supo\u00f1en hoxe en d\u00eda unha alta porcentaxe do volume total de pacientes atendidos nos servizos de Cirurx\u00eda Ortop\u00e9dica e Traumatolox\u00eda de toda Galicia. A\u00ednda que todav\u00eda non se ten unha aproximaci\u00f3n exacta do&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10229"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10229"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10229\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10229"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10229"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10229"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}