{"id":10231,"date":"2010-03-08T00:00:00","date_gmt":"2010-03-07T23:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2010\/03\/08\/artigo-as-maniotas-jose-carril-2-2\/"},"modified":"2010-03-08T00:00:00","modified_gmt":"2010-03-07T23:00:00","slug":"artigo-as-maniotas-jose-carril-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2010\/03\/08\/artigo-as-maniotas-jose-carril-2\/","title":{"rendered":"ARTIGO. \u00abAs maniotas\u00bb. Jose Carril."},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2010\/03\/DSC_0076web.gif\"><strong>Jos\u00e9 Carril Regueiro, instructor de sala de fitness en el Multiusos Fontes do Sar y en el Complejo Deportivo Santa Isabel.<\/strong><\/p>\n<p>Se nalgunha ocasi\u00f3n decidiches volver \u00e1 pr\u00e1ctica deportiva logo dun tempo inactivo\/a, seguro que ao d\u00eda seguinte te levantaches con dores que te impiden moverte con normalidade. Nese momento experimentar\u00edas a sensaci\u00f3n que producen as famosas maniotas, cient\u00edficamente bautizadas coma dor muscular de orixen retardado (DOMS en ingl\u00e9s) e denominadas no terreo m\u00e9dico como mialxia diferida. Pero, \u00bfque son exactamente as maniotas? \u00bfdesaparecen se nos tomamos un vaso de auga con azucre? \u00bfen canto tempo acostuma a remitir a dor que producen?<\/p>\n<p><strong>\u00bfQu\u00e9 son as maniotas?<\/strong> \u00abManiotas\u00bb en galego e \u201cagujetas\u201d en castel\u00e1n \u00e9 o nome coloquial co que se co\u00f1ece a \u00abDor muscular de aparici\u00f3n tard\u00eda\u00bb, que aparece acompa\u00f1ado dunha inflamaci\u00f3n muscular. Normalmente, aflora coma unha dor localizada logo dun per\u00edodo de exercicio intenso tras un per\u00edodo carente de exercicio. O seu s\u00edntoma \u00e9 unha forte dor localizada similar \u00e1 de pequenas agullas -de a\u00ed o seu nome-. As maniotas conlevan unha disminuci\u00f3n da mobilidade e da flexibilidade durante un periodo de entre 24 horas e cinco d\u00edas, dependendo da actividade e do h\u00e1bito deportivo da persoa e a familiaridade co deporte practicado. <\/p>\n<p><strong>\u00bfPor qu\u00e9 se producen?<\/strong>Os actuais estudios apuntan como principal causa a unha reacci\u00f3n inflamatoria en resposta \u00e1s microlesi\u00f3ns musculares e tendinosas que se producen ao non estar o m\u00fasculo adaptado \u00e1 intensidade do exercicio. \u00c9 dicir, o m\u00fasculo fai un exercicio de intensidade ao que non est\u00e1 acostumado, se producen microlesi\u00f3ns musculares e tendinosas, o que fai que se acumulen gran cantidade de metabolitos ou desfeitos, que ocasionan unha reacci\u00f3n inflamatoria e irritan as fibras nerviosas producindo dor. Esta \u00e9 a teor\u00eda m\u00e1is aceptada pola comunidade cient\u00edfica, pero existen outras que intentan dar resposta ao fundamento das maniotaas. Unha das explicaci\u00f3ns m\u00e1is extendidas, que garda certa similitude coa teor\u00eda das microroturas musculares, indica que durante a pr\u00e1ctica do exercicio o m\u00fasculo quence e nalgunhas zonas se producen microlesi\u00f3ns. Outra teor\u00eda, xa menos recurrida na actualidade, explica que o \u00e1cido l\u00e1ctico resultante da actividade metab\u00f3lica nas c\u00e9lulas musculares acaba \u00abcristalizando\u00bb, o que provoca unha forte dor muscular.  <\/p>\n<p><strong>\u00bfComo se poden previr e tratar?<\/strong> Para evitar na medida do posible a aparici\u00f3n de maniotas, o usuario que acuda a facer deporte ao Multiusos Fontes do Sar ou ao Complexo Deportivo Santa Isabel ten que priorizar os estiramentos musculares antes de empezar co exercicio f\u00edsico, pero tam\u00e9n despois da actividade que realice. En calquera caso, debe realizar sempre un quencemento previo e ter\u00e1 que entrar na actividade dun xeito gradual, de menor a maior intensidade, para preparar as fibras musculares para unha situaci\u00f3n de esforzo. \u00c9 recomendable sacudirse os m\u00fasculos con certa frecuencia para favorecer a circulaci\u00f3n sangu\u00ednea. Amais, unha ducha quente tam\u00e9n axudar\u00e1 ao corpo a recuperarse logo da intensidade da actividade. En canto ao tratamento das maniotas, un dos m\u00e9todos m\u00e1is empregados no deporte \u00e9 a masaxe muscular. O uso de antioxidantes (vitaminas C e E) non deu resultados positivos para eliminar os seus efectos.<\/p>\n<p><strong>Dous falsos mitos sobre as maniotas.<\/strong> A crenza extendida de que as maniotas son cristais de \u00e1cido l\u00e1ctico que pinchan o m\u00fasculo \u00e9 falsa, pois tense comprobado que persoas coa enfermidade de McArdle -incapaces de producir \u00e1cido l\u00e1ctico- tam\u00e9n sofren dor muscular de orixe retardada. Asimesmo, existe un mito moi popular que a\u00ednda se pone en pr\u00e1ctica hoxe en d\u00eda, a pesares de que non ten ning\u00fan fundamento: beber un vaso de auga con azucre non serve de nada.  Este remedio caseiro \u00e9 o resultado da aceptaci\u00f3n masiva da teor\u00eda referente ao \u00e1cido l\u00e1ctico. Posto que est\u00e1 descartada, este m\u00e9todo non evita nin cura as maniotas nin os seus s\u00edntomas, pero pode provocar basicidade e problemas g\u00e1stricos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Jos\u00e9 Carril Regueiro, instructor de sala de fitness en el Multiusos Fontes do Sar y en el Complejo Deportivo Santa Isabel. Se nalgunha ocasi\u00f3n decidiches volver \u00e1 pr\u00e1ctica deportiva logo dun tempo inactivo\/a, seguro que ao d\u00eda seguinte te levantaches con dores que te impiden moverte con normalidade. Nese momento experimentar\u00edas a sensaci\u00f3n que producen&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10231"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10231"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10231\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10231"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10231"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10231"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}