{"id":10233,"date":"2010-03-03T00:00:00","date_gmt":"2010-03-02T23:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2010\/03\/03\/artigo-disfruta-do-embarazo-na-auga-paula-barrio-2-2\/"},"modified":"2010-03-03T00:00:00","modified_gmt":"2010-03-02T23:00:00","slug":"artigo-disfruta-do-embarazo-na-auga-paula-barrio-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2010\/03\/03\/artigo-disfruta-do-embarazo-na-auga-paula-barrio-2\/","title":{"rendered":"ARTIGO. \u00abDisfruta do embarazo na auga\u00bb. Paula Barrio."},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2010\/03\/SANTAISABEL1web.gif\"><strong>Paula Barrio Rey, instructora de nataci\u00f3n no Complexo Deportivo Santa Isabel<\/strong><br \/>\nNove son os meses de espera, e moitos e de gran trascendencia son os cambios que sofren as mulleres, que viven o embarazo en toda a s\u00faa intensidade. A actividade f\u00edsica \u00e9 fundamental para que as mulleres embarazadas se sintan ben, tanto f\u00edsica como psicol\u00f3xicamente. O exercicio resulta m\u00e1is necesario que nunca xa que nos axuda a eliminar l\u00edquidos, a queimar calor\u00edas para evitar o sobrepeso, a preparar os m\u00fasculos para o parto e a obter unha mellor e m\u00e1is pronta recuperaci\u00f3n despois do parto.<br \/>\n<strong>\u00bfPor que \u00e9 recomendable que a muller embarazada realice actividades acu\u00e1ticas?<\/strong> A auga \u00e9 o medio ideal para que as mulleres en estado de xestaci\u00f3n realicen exercicio, xa que \u00e9 un dos deportes que pr\u00e1cticamente non presenta riscos se se practica con coidado e baixo o asesoramento dun profesional. A capacidade de flotaci\u00f3n e ingravidez que proporciona o l\u00edquido elemento permite \u00e1s futuras nais unha liberdade de movementos imposible de realizar en terra firme. As posici\u00f3ns horizontais que se poden adoptar na auga van facilitar unha mellor distribuci\u00f3n do peso do cuerpo e con iso a posibilidade de relaxaci\u00f3n de partes do corpo que durante o d\u00eda est\u00e1n sobrecargadas. Esta sensaci\u00f3n de lixereza no peso do corpo e o aumento da mobilidad permite \u00e1s mulleres embarazadas realizar posturas que no seu d\u00eda a d\u00eda lles resultar\u00edan moi inc\u00f3modas, case imposibles.<br \/>\n<strong>Mellora a forza, a elasticidade e a resistencia.<\/strong> As actividades acu\u00e1ticas neste colectivo permiten traballar a forza e, como consecuencia, tonificar os m\u00fasculos que m\u00e1is sofren no embarazo, mellorar a elasticidade, activar a circulaci\u00f3n sangu\u00ednea e mellorar a resistencia cardiorrespiratoria. Todo isto nos leva a pensar en que as actividades na agua para as mulleres xestantes son unha moi boa alternativa.<br \/>\n<strong>Comparten a experiencia con outras mulleres embarazadas.<\/strong> Non nos podemos esquecer do factor psicol\u00f3xico, tan importante nas mulleres embarazadas. As relaci\u00f3ns interpersoais nas futuras nais poden chegar a ter unha intensidade maior que en outros grupos de actividades f\u00edsicas compartidas. Na auga elas poden compartir unha experiencia inigualable con outras mulleres coas que poden entenderse \u00e1 perfecci\u00f3n porque tam\u00e9n est\u00e1n vivindo a mesma experiencia.<br \/>\n<strong>Estilos de nataci\u00f3n m\u00e1is recomendados para este colectivo.<\/strong> A mariposa \u00e9 o \u00fanico estilo que os expertos descartan \u00e1 hora de que as mulleres embarazadas se desplacen pola auga. A braza, sen embargo, sempre que se realice de xeito suave e controlad, poder\u00edase calificar como o estilo por excelencia para este colectivo; permite reforzar aqueles m\u00fasculos que m\u00e1is cambios ou m\u00e1is peso sofren no embarazo (espalda, pectoral, pernas) e todos aqueles que cobran protagonismo durante o parto (perineo, gl\u00fateos, abductores, abdominais\u2026). O nado de espalda \u00e9 o m\u00e1is recomendado en aquelas mulleres que presentan dores cervicais, dorsais ou lumbares; nesta posici\u00f3n logramos que o corpo descanse e se relaxe de todo o estr\u00e9s acumulado durante o d\u00eda. O crol, pola s\u00faa parte, presenta dificultades de coordinaci\u00f3n e resulta moito m\u00e1is cansado, pero \u00e9 moi beneficioso desde o punto de vista cardiorrespiratorio.<br \/>\n<strong>Exercicios variados que melloren o benestar da muller.<\/strong> De todos xeitos as actividades na auga para as mulleres embarazadas non se deben cinguir aos estilos cl\u00e1sicos de nataci\u00f3n comentados, xa que isto ser\u00eda un erro. O que buscamos \u00e9 un uso do medio acu\u00e1tico m\u00e1is amplo que enriqueza a motricidade, a musculatura e a resistencia cardiorrespiratoria, apoi\u00e1ndonos na realizaci\u00f3n de todo tipo de exercicios e variedades de desprazamentos.<br \/>\n<strong>O Complexo Deportivo Santa Isabel ofrece clases de nataci\u00f3n para embarazadas.<\/strong> Para que a muller se sinta asesorada durante o nado e para que a gu\u00eden na correcta realizaci\u00f3n de actividades baixo a auga, o Complexo Deportivo Santa Isabel incl\u00fae na s\u00faa oferta de cursos de nataci\u00f3n clases espec\u00edficamente dese\u00f1adas para este colectivo. A muller embarazada pode as\u00ed beneficiarse de todas as vantaxes que conleva a realizaci\u00f3n de actividade f\u00edsica dun xeito seguro e efectiva.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Paula Barrio Rey, instructora de nataci\u00f3n no Complexo Deportivo Santa Isabel Nove son os meses de espera, e moitos e de gran trascendencia son os cambios que sofren as mulleres, que viven o embarazo en toda a s\u00faa intensidade. A actividade f\u00edsica \u00e9 fundamental para que as mulleres embarazadas se sintan ben, tanto f\u00edsica como&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10233"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10233"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10233\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10233"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10233"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10233"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}