{"id":10258,"date":"2009-04-03T00:00:00","date_gmt":"2009-04-02T22:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2009\/04\/03\/o-multiusos-acolleu-o-10o-xuventude-galiza-net-o-evento-informatico-mais-grande-de-galicia-2-2\/"},"modified":"2009-04-03T00:00:00","modified_gmt":"2009-04-02T22:00:00","slug":"o-multiusos-acolleu-o-10o-xuventude-galiza-net-o-evento-informatico-mais-grande-de-galicia-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2009\/04\/03\/o-multiusos-acolleu-o-10o-xuventude-galiza-net-o-evento-informatico-mais-grande-de-galicia-2\/","title":{"rendered":"O Multiusos acolleu o 10\u00ba Xuventude Galiza Net, o evento inform\u00e1tico m\u00e1is grande de Galicia."},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2009\/04\/GALIZANETWEB.gif\">Un total de 1.800 mozos e mozas de entre 16 e 35 anos participaron durante os d\u00edas 3, 4 e 5 de abril na d\u00e9cima edici\u00f3n do encontro inform\u00e1tico Xuventude Galiza Net, promovido pola Direcci\u00f3n Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta. Este ano, por primeira vez desde que se puxo en marcha a iniciativa, o punto de encontro foi o Multiusos Fontes do Sar, onde os participantes tiveron a s\u00faa base de actividade durante os tres d\u00edas que durou o encontro. <\/p>\n<p>Xuventude Galiza Net \u00e9 un evento que se presenta como unha referencia no mundo das novas tecnolox\u00edas e conv\u00e9rtese as\u00ed nun punto de encontro neste eido tanto para todos os mozos e mozas que participan activamente nel como para os milleiros de persoas que poden achegarse ata o recinto para participar nas actividades exteriores programadas no marco do encontro. <\/p>\n<p>Intranet e extranet <\/p>\n<p>Coma nas anteriores edici\u00f3ns, houbo dous xeitos de participar no Xuventude Galiza Net: por unha banda o eido dirixido exclusivamente aos mozos e mozas de 16 a 35 anos que se inscribiran para acceder \u00e1 intranet do evento, situada na pista central do multiusos. Al\u00ed estiveron situadas 1.800 persoas cos seus ordenadores, conectados por m\u00e1is de 40.000 metros de cable, a unha velocidade de 1xigabit. Estes mozos e mozas participaron ademais en diversas actividades l\u00fadicas, creativas, conferencias e talleres arredor da actualidade inform\u00e1tica. <\/p>\n<p>Outro xeito de participar neste evento inform\u00e1tico foi entrando ao espazo aberto, libre e totalmente gratu\u00edto habilitado no vest\u00edbulo do multiusos. Nesta extranet situ\u00e1ronse os stands da Direcci\u00f3n Xeral de Xuventude e Solidariedade, organizadora do evento, e das distintas empresas patrocinadoras; espazos para xogar \u00e1s videoconsolas m\u00e1is novidosas; zonas de obradoiros; e outras actividades l\u00fadicas para xente de todas as idades. Todas as persoas que se achegaron ata a extranet do Xuventude Galiza Net puideron participar en diversos concursos, asistir \u00e1s conferencias programadas e tam\u00e9n \u00e1 proxecci\u00f3n da pel\u00edcula \u00abP\u00e9rez 2, o rati\u00f1o dos teus so\u00f1os\u00bb, unha produci\u00f3n cinematogr\u00e1fica que foi proxectada por Filmax Animation. <\/p>\n<p>Novidades 09 <\/p>\n<p>Nesta edici\u00f3n do Xuventude Galiza Net as novidades xiraron arredor da rob\u00f3tica. Coa colaboraci\u00f3n da organizaci\u00f3n IEEE celebrouse a primeira edici\u00f3n do Campionato Internacional de Rob\u00f3tica XGN-IEEE. Neste campionato competiron m\u00e1is de 100 robots chegados principalmente de Galicia, Madrid, Valencia, Reino Unido, Italia, Francia e Portugal. Estes robots realizaron diversas probas polas que foron puntuados para proclamar aos ga\u00f1adores. <\/p>\n<p>As\u00ed, os robots tomaron parte en probas de loitas de sumo; circu\u00edto de velocidade; circu\u00edto de habilidade; labirinto co\u00f1ecido; e labirinto desco\u00f1ecido. Ademais, participaron nunha carreira de F\u00f3rmula 1, emulando \u00e1 carreira que tivo lugar no circu\u00edto de Malasia o domingo 5 de abril \u00e1s 8 horas. <\/p>\n<p>Outra das novidades m\u00e1is salientables foi a visita do Embaixador de LEGO en Espa\u00f1a, que visitou o Xuventude Galiza Net para presentar as \u00faltimas novidades internacionais da marca, a\u00ednda non dispo\u00f1ibles no mercado espa\u00f1ol. Deste xeito, todas as persoas que se achegaron ata o Multiusos Fontes do Sar puideron ver as exposici\u00f3ns de creaci\u00f3ns realizadas por artistas de LEGO e participar en obradoiros de robots centrados na plataforma MIndstorm de LEGO e en obradoiros de dese\u00f1o, empregando o dese\u00f1ador dixital de LEGO e as pezas orixinais de LEGO. <\/p>\n<p>Ademais, a organizaci\u00f3n do Xuventude Galiza Net continuou a li\u00f1a iniciada en edici\u00f3ns anteriores de potenciaci\u00f3n do software libre a trav\u00e9s de conferencias e obradoiros de Linux, coa colaboraci\u00f3n de asociaci\u00f3ns xuven\u00eds, e da potenciaci\u00f3n do uso do galego co obxecto de realizar a normalizaci\u00f3n do idioma entre a xuventude, vencellando o galego \u00e1 mocidade e ao eido vangardista das novas tecnolox\u00edas. <\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n na web <a href=\"http:\/\/www.xuventudegaliza.net\" target=\"_blank\">www.xuventudegaliza.net<\/a>.<\/p>\n<p>Preme <a href=\"http:\/\/www.multiusos.net\/php\/index.php?pag=multimedia_fotos_ver&#038;id=57\" target=\"_blank\">aqu\u00ed<\/a> para acceder \u00e1 galer\u00eda de fotos do evento.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un total de 1.800 mozos e mozas de entre 16 e 35 anos participaron durante os d\u00edas 3, 4 e 5 de abril na d\u00e9cima edici\u00f3n do encontro inform\u00e1tico Xuventude Galiza Net, promovido pola Direcci\u00f3n Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta. Este ano, por primeira vez desde que se puxo en marcha a iniciativa,&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10258"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10258"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10258\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10258"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10258"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10258"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}