{"id":10273,"date":"2008-11-22T00:00:00","date_gmt":"2008-11-21T23:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.multiusos.net\/2008\/11\/22\/a-caravana-dos-cativos-congregou-no-recinto-feiral-de-amio-a-case-15-000-persoas-durante-a-fin-de-semana-2-2\/"},"modified":"2008-11-22T00:00:00","modified_gmt":"2008-11-21T23:00:00","slug":"a-caravana-dos-cativos-congregou-no-recinto-feiral-de-amio-a-case-15-000-persoas-durante-a-fin-de-semana-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2008\/11\/22\/a-caravana-dos-cativos-congregou-no-recinto-feiral-de-amio-a-case-15-000-persoas-durante-a-fin-de-semana-2\/","title":{"rendered":"A CARAVANA DOS CATIVOS congregou no recinto feiral de Amio a case 15.000 persoas durante a fin de semana"},"content":{"rendered":"<p><img class=\"alignleft\" src=\"http:\/\/www.multiusos.net\/wp-content\/uploads\/2008\/11\/publicoactuacion2.gif\">\u201cA CARAVANA DOS CATIVOS\u201d, o parque tem\u00e1tico infantil organizado polo Concello de Santiago e o Multiusos Fontes do Sar, encheu o Recinto Feiral de Amio cos personaxes de animaci\u00f3n m\u00e1is actuais (Doraemon, Shin Chan, Keroro&#8230;), os cl\u00e1sicos de sempre (Barrio S\u00e9samo, Heidi, as Tartarugas Ninja&#8230;) e multitude de actividades e obradoiros para os m\u00e1is cativos. Os m\u00e1is pequenos da casa tiveron \u00e1 s\u00faa disposici\u00f3n durante toda a fin de semana m\u00e1is de 10.000 m\u00b2 de diversi\u00f3n. A iniciativa resultou todo un \u00e9xito, pois nas d\u00faas xornadas que estivo aberta ao p\u00fablico (s\u00e1bado 22 e domingo 23) rexistrou case 15.000 visitas.<br \/>\nEntre as actividades con maior afluencia estivo o t\u00fanel do vento, onde os rapaces puideron experimentar literalmente a sensaci\u00f3n de voar, e os simuladores de F\u00f3rmula1, que permitiron aos m\u00e1is novos co\u00f1ecer a sensaci\u00f3n de estar ao mando dun potente coche de carreiras. Tam\u00e9n tiveron moi boa acollida as novidosas cuncas e ba\u00f1eiras m\u00f3biles a motor, e o impresionante inchable dos Simpson. Houbo espazo asimesmo para o deporte, con premios para os que amosaran as s\u00faas mellores habilidades encestando na canastra ou metendo gol, e para aqueles que se atrevesen a bailar co aro no espazo de actividades ximn\u00e1sticas. Tam\u00e9n o pasaron ao grande no obradoiro de debuxo (onde os mellores pintores levaron premio), nas cadeiras voadoras, na ludoteca e no resto dos inchables, e tiveron momento de relaxarse coas sesi\u00f3ns de contacontos e cun pouco de lectura.<br \/>\nDende unha enorme pantalla de leds proxect\u00e1ronse dous filmes de estrea protagonizados polo gato c\u00f3smico (\u201cDoraemon Animal Planet\u201d) e polo xenial Shin Chan, que gozaron dunha moi boa acollida entre os m\u00e1is novos. Pero sen d\u00fabida unha das actividades estrela que rexistrou un cheo absoluto foi a exhibici\u00f3n de cetrer\u00eda, a cargo da empresa Falc\u00f3n Galicia, que deixou abraiados a pequenos e maiores coas habilidades de diversas aves.<br \/>\nNo apartado de animaci\u00f3n, as Tartarugas Ninja, Heidi, Keroro, Doraemon, Barrio S\u00e9samo, Shin Chan puxeron as s\u00faas mellores galas para pasearse polo recinto de Amio para diversi\u00f3n dos cativos. O s\u00e1bado a actuaci\u00f3n que congregou a maior n\u00famero de persoas (unhas 2.500) foi a de Barrio S\u00e9samo, con Epi e Blas \u00e1 cabeza, que fixeron as delicias dos asistentes. O domingo o show do entra\u00f1able Doraemon e o seu inseparable Nobita tam\u00e9n rexistrou un cheo total na zona de butacas (case 2.000 persoas). Amais, Keroro e as Tartarugas Ninja o s\u00e1bado, e Shin Chan e Heidi o domingo, protagonizaron unhas longas sesi\u00f3ns de fotos cos m\u00e1is pequenos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cA CARAVANA DOS CATIVOS\u201d, o parque tem\u00e1tico infantil organizado polo Concello de Santiago e o Multiusos Fontes do Sar, encheu o Recinto Feiral de Amio cos personaxes de animaci\u00f3n m\u00e1is actuais (Doraemon, Shin Chan, Keroro&#8230;), os cl\u00e1sicos de sempre (Barrio S\u00e9samo, Heidi, as Tartarugas Ninja&#8230;) e multitude de actividades e obradoiros para os m\u00e1is cativos&#8230;.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10273"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10273"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10273\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10273"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10273"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10273"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}