{"id":40093,"date":"2021-11-08T20:06:10","date_gmt":"2021-11-08T19:06:10","guid":{"rendered":"https:\/\/www.multiusos.net\/?p=40093"},"modified":"2022-12-30T12:26:05","modified_gmt":"2022-12-30T11:26:05","slug":"bonnie-tyler-actuara-o-7-de-decembro-no-multiusos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/2021\/11\/08\/bonnie-tyler-actuara-o-7-de-decembro-no-multiusos\/","title":{"rendered":"Bonnie Tyler actuar\u00e1 el 7 de diciembre en el Multiusos"},"content":{"rendered":"<p>No seu af\u00e1n por expandir as s\u00faas programaci\u00f3ns, o festival Vilablues, que nas 6 edici\u00f3ns que leva realizadas, ten recalado en Vilagarc\u00eda de Arousa e Noia, fai agora escala en Santiago de Compostela para presentar na s\u00faa edici\u00f3n \u2018Vilablues no Barrio\u2019 a unha lenda do rock internacional como \u00e9 Bonnie Tyler.<\/p>\n<p>A actuaci\u00f3n da cantante galesa, que ser\u00e1 a \u00fanica en Galicia, ter\u00e1 lugar o martes 7 de decembro (v\u00e9spera de festivo) no Multiusos do Sar. O concerto \u00e9 posible grazas a colaboraci\u00f3n do Xacobeo 21-22 e da Xunta de Galicia, que seleccionou o proxecto coa m\u00e1xima puntuaci\u00f3n dentro da li\u00f1a de axudas postas en marcha para paliar os efectos da crise do covid-19 nas empresas do sector musical.<\/p>\n<p>Bonnie Tyler chega a Santiago para presentar o seu \u00faltimo disco, \u00abThe best is yet to come\u00bb (O mellor est\u00e1 a\u00ednda por vir), toda unha declaraci\u00f3n de intenci\u00f3ns que a artista galesa reafirma cando di: \u201cEstou moi feliz e orgullosa deste novo \u00e1lbum. \u00c9 simplemente rock pero debuxa un sorriso na mi\u00f1a cara cada vez que o po\u00f1o. Agardo que estas novas canci\u00f3ns lles levanten o \u00e1nimo. O momento no que poida ver as s\u00faas caras sorrintes ser\u00e1 moi especial. Prometo que o mellor est\u00e1 por vir\u00bb.<\/p>\n<p>A apertura de portas ser\u00e1 \u00e1s 20 horas. \u00c1s 20.45 h subir\u00e1n ao escenario Blues do Pa\u00eds, d\u00fao formado por Bieitta James e Pepe King, que ofrecen un repertorio de reinterpretaci\u00f3ns de cl\u00e1sicos do blues adaptadas \u00e1 idiosincrasia galega.<\/p>\n<p>O concerto de Bonnie Tyler dar\u00e1 comezo \u00e1s 22.15 h. Tanto a actuaci\u00f3n de Blues do Pa\u00eds como a de Bonnie Tyler estar\u00e1n precedidas por sendas sesi\u00f3ns de Duendeneta Dilleis.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><u>ENTRADAS<\/u><\/strong><\/p>\n<p>As entradas saen \u00e1 venda \u00e1s 17.00 horas de ma\u00f1\u00e1 martes a trav\u00e9s da woutick.es e ter\u00e1n prezos graduados:<\/p>\n<p>As primeiras 100 entradas venderanse a 15 euros (+gastos de xesti\u00f3n).<\/p>\n<p>As 100 seguintes venderanse a 20 euros (+gastos de xesti\u00f3n).<\/p>\n<p>Os prezo destas primeiras 200 entradas ser\u00e1 o mesmo independentemente de que se escolla Pista ou Bancada.<\/p>\n<p>No seguinte treito, ata cubrir as 1.000 primeiras entradas os prezos ser\u00e1n de 22 euros en bancada e 27 euros en pista (+gastos de xesti\u00f3n).<\/p>\n<p>A partir dese momento e ata pechar a venda anticipada os prezos quedar\u00e1n establecidos en 25 euros en bancada e 30 euros en pista (+gastos de xesti\u00f3n).<\/p>\n<p>O prezo das entradas no despacho de billetes do pavill\u00f3n o propio d\u00eda do concerto ser\u00e1 30 e 35 euros segundo a zona escollida.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><u>O MELLOR EST\u00c1 POR VIR<\/u><\/strong><\/p>\n<p>\u00abThe Best Is Yet to Come\u00bb \u00e9 o seu oitavo \u00e1lbum de estudo de Bonnie Tyler, para o que traballou de novo con David Mackay, produtor do seu anterior disco \u201cBetween The Earth and The Stars\u201d (2019).<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dun disco de estilo pop-rock con marcadas influenzas dos anos 80 que incl\u00fae canci\u00f3ns orixinais e catro versi\u00f3ns.<\/p>\n<p>Bonnie Tyler explica sobre o seu novo disco: \u00abEstiven ansiosa por cantar para todos v\u00f3s durante os \u00faltimos 10 longos e aterradores meses. Doume conta de que alg\u00fans de v\u00f3s sufristes o virus e a perda de familiares e amigos, e d\u00f3eme o coraz\u00f3n por v\u00f3s. A m\u00fasica pode aliviar a nosa carga e \u00e9 sempre o meu refuxio persoal. Espero que estas novas canci\u00f3ns vos levante<\/p>\n<p>A lendaria Bonnie Tyler, posuidora dunha voz moi caracter\u00edstica, ten unha carreira notable que sobrepasa as cinco d\u00e9cadas. Os seus maiores \u00e9xitos cheg\u00e1ronlle na d\u00e9cada dos 80 con canci\u00f3ns que xa forman parte da historia musical do s\u00e9culo XX como \u00abIt\u2019s a heartache\u00bb, \u00abTotal Eclipse of the Heart\u00bb, \u00abHolding Out for a Hero\u00bb, \u00abIf You Were a Woman (And I Was a Man)\u00bb, coas que vendeu m\u00e1is de 100 mill\u00f3ns de discos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No seu af\u00e1n por expandir as s\u00faas programaci\u00f3ns, o festival Vilablues, que nas 6 edici\u00f3ns que leva realizadas, ten recalado en Vilagarc\u00eda de Arousa e Noia, fai agora escala en Santiago de Compostela para presentar na s\u00faa edici\u00f3n \u2018Vilablues no Barrio\u2019 a unha lenda do rock internacional como \u00e9 Bonnie Tyler. A actuaci\u00f3n da cantante&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[15],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/40093"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=40093"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/40093\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":43190,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/40093\/revisions\/43190"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=40093"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=40093"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.multiusos.net\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=40093"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}