Presenta o teu carné de abonado nas túas compras en DECATHLON e obterás un 5% de desconto

Froito dun convenio de colaboración entre ambas empresas, todos os abonados ó Multiusos Fontes do Sar ou ó C.D. Santa Isabel gozaredes dun 5% de desconto nas vosas compras en DECATHLON Santiago (o desconto aplicarase en todos os produtos agás nos artigos que xa están rebaixados). Para que se vos aplique o desconto só tendes que presentar o voso carné de abonado ás instalacións.
Amais, todas aquelas persoas que non estean abonadas ó Multiusos Fontes do Sar ou ó C.D. Santa Isabel que presenten na recepción das instalacións deportivas un ticket de compra de DECATHLON igual ou superior a 100 euros, terán unha matrícula gratuíta.

Pin It