Participa no CIRCUITO MULTITRAINING na pista central do Multiusos

O xoves 29 de xaneiro a partires das oito e media da tarde, na pista central do Multiusos Fontes do Sar, participa no CIRCUITO MULTITRAINING que temos preparado para ti! Poderás poñer en práctica e combinar unha ampla variedade de exercicios: traballo de tonificación, BodyCombat, BodyJam, alto impacto, capoeira… A multiclase correrá a cargo dos instructores Sergio, Eloy, Sonia, Pumi e Modelo. O acceso é gratuíto para os/as abonados/as do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel.

Pin It